Organizado por diversos colectivos ecoloxistas, agrarios e de oposición ás minas terá lugar o sábado 16 de febreiro o primeiro Encontro Galego sobre os Impactos da Minaría.
O obxectivo desta xornada é compartir distintas visións ao redor dunha problemática que está a medrar de xeito exponencial na Galiza nos últimos anos: a concesión de licencias para a explotación mineira de terras, prevalecendo os intereses empresariais duns poucos, a costa dun impacto irreparable nos usos de eidos (forestais, agrícolas, sociais, medioambientais, infraestruturas…) que afecta a miles de persoas. De Bergantiños á Limia, da Terra Chá ao Xallas, a ameaza das minas afecta cada vez a máis bisbarras galegas, polo que urxe unha resposta unitaria e coherente para facerlle fronte que se tentará definir neste encontro.
Programa
- 09:00 – 10:00h: “A compatibilidade ou prevalencia de usos e os dereitos mineiros”
Alba Nogueira. USC. - 10:00 – 11:45h: “O Impacto da minaría no medioambiente”
Serafín González. Sociedade Galega de Historia Natural.
Xoán Ramón Vidal-Romaní. Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, UDC.
Emilio Menéndez Pérez. Enxeñería de Minas. - 11:45 – 12:15h: Descanso de 30 minutos.
Ás 12:00 h haberá unha rolda de prensa para os medios de comunicación que cubran o evento. - 12:15 – 13:30h: “O impacto da minaría no tecido socioeconómico”
Xoán R. Doldán. USC.
Isabel Vilalba. Sindicato Labrego Galego. - 13:30 – 16:00h: Xantar conxunto.
- 16:00 – 19:00h: Dinámica de intercambio de experiencias entre colectivos.
- 19:30 – 21:00h: Proposta de creación e xestión de rede de colectivos.
Data e lugar do encontro
16/02/2013. Hotel Congreso. Teo, Galiza.
Inscrición
Enche o noso formulario de inscrición.
Difusión
Podes descargar o cartaz da xornada sobre o impacto da minaría (PDF), e espallalo en Facebook, Twitter e outras redes sociais utilizando os botóns que atoparás nesta mesma páxina.
Grazas!
Imaxe de fondo do cartaz, CC by bychaa