Para facilitarmos o labor da prensa que queira cubrir o primeiro Encontro Galego sobre os Impactos da Minaría organizado por entidades sociais de diversos ámbitos (ecoloxistas, agrarias, colectivos de oposición ás minas…) este sábado 16 de febreiro en Teo, permitirase o acceso de medios gráficos ao longo da mañá, e ofrecerase unha rolda de prensa ás 12:00 horas.
Nesta comparecencia ante os medios de comunicación será no mesmo lugar de celebración do encontro, no Hotel Congreso (Teo), e nela participarán os relatores e as relatoras da xornada para achegar distintos enfoques sobre os problemas xerados pola minaría na Galiza e as accións que empredermos para unificar unha postura de oposición a esta ameaza no noso País.
Intervirán:
- Alba Nogueira (USC)
- Serafín González (SGHN)
- Xoán Ramón Vidal-Romaní (IUX)
- Emilio Menéndez Pérez (Enxeñeiro de Minas)
- Xoán Ramón Doldán (USC)
- Isabel Vilalba Seivane (SLG)
O I Encontro Galego sobre os Impactos da Minaría tamén poderá ser seguido en Twitter a través do hashtag #encontroMineria
Pingback: Programa do I «Encontro galego sobre o impacto da minaría» | I Encontro galego sobre o impacto da minería