ContraMINAcción apoia a manifestación en Xinzo convocada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte contra a mina de feldespato

ContraMINAcción apoiará a manifestación en Xinzo de mañá, sábado 27 de abril, convocada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte en contra do proxecto mineiro Faramontaos 5089.1, da empresa Minecer SL, para a extracción a ceo aberto de feldespato. Dende ContraMINAcción queremos expresar o noso total respaldo ás reivindicacións da veciñanza ameazada das parroquias de Seoane de Oleiros, Fiestras, Laroá, San Pedro de Laroá, Rebordechá, Paredes, Moreiras e Faramontaos. Opoñémonos á explotación destrutora de centos de hectáreas afectadas, explotación que faría imposible o traballo agrícola das terras afectadas -que se atopan entre as máis fértiles de Galiza e constitúen o principal motor socioeconómico da zona-, contaminaría as augas e o aire, secaría os pozos e hipotecaría para sempre o medio e xeito de vida dos e das habitantes destas parroquias.

Por todo o devandito, dende ContraMINAcción animamos á cidadanía galega, en xeral, e á da comarca da Limia, en particular, para que exprese o seu rexeitamento a este proxecto mineiro apoiando a manifestación de mañá en Xinzo.

Un comentario en “ContraMINAcción apoia a manifestación en Xinzo convocada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte contra a mina de feldespato

  1. Pingback: Discurso da manifestación do 27 de Abril en Xinzo de Limia contra a mina de feldespato | ContraMINAcción

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.