Ligazón

O concello de Vimianzo vén de aprobar unha moción presentada polo BNG en contra da minaría salvaxe contaminante.

alcalde

Na moción, a corporación insta á Xunta a retirar o documento de inicio do Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galiza e elaborar un novo coa participación e consenso dos axentes que deben forman parte do Consello Galego da Minaría, como marca a Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galiza.

Tamén se pide a prohibición da extracción de minerais metálicos polo sistema de ceo aberto, eliminando completamente o uso de cianuro ou substancias perigosas que poñan en risco a saúde ambiental e das persoas, así como as técnicas de “fracking”, en todo o territorio galego, incluída a plataforma continental.

Seguir lendo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.