A maioría do ouro que se extrae no mundo na actualidade destínase a xoiaría e ao enriquecemento de grandes capitais das industrias mineiras como Gold Corp, Barrick Gold, Newmont, AngloGold, New Gold, Freeport MacMoran, entre outras moitas.
Para que isto sexa posible, o modelo extractivo mineiro de ouro, especialmente o realizado ao aberto, utiliza millóns de toneladas de cianuro e auga, e provoca a desaparición completa de montes, montañas e biodiversidade.
Esta actividade é a máis perigosa e devastadora en todo o mundo. Os impactos son totais tanto no ambiente como na saúde das persoas. Produce contaminación de augas, aire e solos, impedindo o cultivo de alimentos e provocando graves enfermidades entre as persoas que viven nas inmediacións, chegando mesmo ata a morte. Ocasiona ademais, perda de vivendas, desprazamentos forzados e asasinatos de loitadoras e loitadores sociais que, por defender os seus dereitos humanos e colectivos, opóñense á devastación da terra e dos territorios.
Por tanto, conscientes do impacto e dos danos sociais, culturais e ambientais irreversibles que o modelo extractivo mineiro na explotación do ouro xera, decidimos adherir á Alianza Mundial Non ao Ouro (AMO).
Para iso comprometémonos a:
1) Non usar ou portar ouro: os artigos de xoiaría e ornamentais como aneis, cadeas, pendentes, etc., poden ser facilmente substituídos.
2) Non promover o uso de ouro a escalas industriais, buscando alternativas a este metal que suplan as necesidades requiridas á vez que preserve a contorna.
3) Non comercializar con ouro: evitar comprar, vender e mercantilizar con este metal.
4) Promover adhesións de persoas, organizacións, colectivos, comunidades, familias, redes, movementos, etc. á campaña contra o uso e comercialización do ouro.
5) Apoiar a Alianza Mundial Non ao Ouro (AMO) desde os medios electrónicos dos que formo parte (inserir o logo en webs, blogs, redes sociais, facendo circular información, etc.)
6) Facer referencia a AMO, cada vez que sexa posible, nas actividades e materiais que realicemos: publicacións, radio, talleres, foros, etc.
Firma: ContraMINAcción (Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza)
Data: 25/Outubro/2013
Galiza
Sitio web: http://contraminaccion.org/
Correo Electrónico: contacto@mineriagalicia.org
Este email enviouse vía o Movemento Mesoamericano contra o Modelo extractivo Mineiro (M4) http://www.movimientom4.org