O Sindicato Labrego Galego leva á fiscalía a posible prospección ilegal da mineira Erimsa en Oroso

Margarida Prieto, coordinadora da loita contra a minaría no SLG

Marga Prieto, coordinadora da loita contra a minaría no SLG

O Sindicato Labrego Galego vén de denunciar á empresa mineira Erimsa diante da Fiscalía de Medio Ambiente. Ademais, a coordinadora da loita contra a minaría salvaxe no SLG, Margarida Prieto Ledo, mantivo unha xuntanza co fiscal delegado de Medio Ambiente en Galicia, Álvaro García Ortiz, para falar dos feitos denunciados. Estes remóntanse ao pasado 15 de maio de 2013, cando Sindicato Labrego Galego interpuxo ante o Concello de Oroso, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e a Consellaría de Industria, senllas denuncias por unha posible prospección ilegal de terras da que se fixo publicamente responsable a empresa mineira Erimsa en varios medios de comunicación.

Seguir lendo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.