¡Non máis minas tóxicas en Europa! Campaña Bang! Ban Cyanide (Bang! Prohibe o cianuro)

LogoBangBanCyanide

 

 

29 de setembro de 2014 – As grandes minas de ouro ao descuberto están en alza en toda Europa. Isto é algo que a cidadanía da UE, en xeral, ignora, pero os metais utilizados nos computadores, dispositivos electrónicos e teléfonos móbiles teñen que vir dalgún sitio. A minería moderna mutila o ambiente, produce contaminación por un longo período de tempo, utiliza grandes cantidades de produtos químicos altamente tóxicos como o cianuro e tamén, con frecuencia, despraza comunidades enteiras.

Somos unha coalición europea de organizacións non gobernamentais, grupos de acción e comunidades de Bélxica, Bulgaria, Finlandia, Francia, Grecia, Alemaña, Romanía, Eslovaquia, España (nomeadamente Galiza e Asturias), Reino Unido, República Checa e Turquía. Unímonos para loitar contra as minas tóxicas e a minería a base de cianuro en Europa.

Moitas das persoas involucradas nesta loita vivimos en zonas ameazadas por estas minas tóxicas. Nós, ademais de falar sobre a nosa ameaza común, estamos a propoñer unha solución común. A partir de exemplos en todo o mundo sabemos que a minería a base de cianuro afecta o medio ambiente e as persoas que viven preto, lonxe e moi lonxe. A partir de exemplos en todo o mundo, tamén sabemos que cando as persoas se unen, gañan. Isto é o que sucedeu recentemente en Eslovaquia, onde se prohibiu a minería a base de cianuro. En Galiza tamén puidemos ver como a forza da mobilización cidadá facía que o noso goberno recuase e desautorizase un proxecto que a empresa promotora daba por feito.

En agosto de 2014 puxemos en marcha en Rosia Montana (Romanía) unha campaña conxunta para prohibir o uso da minería a base de cianuro en Europa. En 2010 o Parlamento Europeo votara a favor de prohibir a minería a base de cianuro, debido aos inmensos riscos que supón esta tecnoloxía para a saúde humana e para o ambiente. Queremos converter ese voto nunha realidade, pedindo ao Sr. Karmenu Vella, candidato a Comisario de Medio Ambiente, que faga cumprir a resolución e actúe en consecuencia!

Sabemos que a minería industrial moderna é un proceso químico con risco, que non xera riqueza senón que contamina o medio, produce pobreza e dependencia. Tamén sabemos que desarraiga ás persoas e ás comunidades.

Cremos que Europa debe estar formada por comunidades fortes e saudables, cunha cidadanía que teña confianza no presente e no futuro.

Sabemos que as actividades extractivas e o cianuro están vinculados á corrupción e as decisións políticas impostas desde arriba. Vimos de ver na prensa galega como as decisións en torno á mina de Corcoesto se tomaban en restaurantes, e desde a propia empresa recoñecen que os nosos gobernantes adquirían compromisos coa mineira dun xeito dubidosamente legal.

Cremos que a verdadeira democracia prospera cando quen toman as decisións traballa para a xente e non polo poder e os beneficios.

Negámonos a aceptar que unha sustancia química tan velenosa como o cianuro se poida seguir utilizando en grandes cantidades na minería en toda Europa, nunha zona densamente poboada. (Non podemos deixar de recordar que o proxecto de Corcoesto contemplaba o uso de case tonelada e media diaria desta substancia). O cianuro é altamente tóxico e pode levar rapidamente á morte. Unha cullerada dunha solución de cianuro ao 2% mata a un ser humano, e os sempre recorrentes accidentes mineiros mostran o seu impacto devastador.

Cremos que chegou o momento de esixir que os responsables europeos por fin tomen medidas e fagan que a minería a base de cianuro sexa algo do pasado.

Unimos forzas para facer que se aborde a dura realidade que supón a minería a base de cianuro, na audiencia do Sr. Karmenu Vella, o candidato a Comisario de Medio Ambiente. A través do contacto directo cos nosos Eurodeputados e Eruodeputadas, e as redes sociais, transmitimos a importancia de incorporar a prohibición da minería a base de cianuro na axenda do futuro Comisario.

As deputadas e deputados do Parlamento Europeo que se fixeron eco das nosas preocupacións interpelarán ao Sr. Karmenu Vella durante as audiencias que terán lugar o 29 de setembro.

O cianuro non coñece fronteiras e pedimos á xente con conciencia de toda Europa que se una a nós neste esforzo!

#pideaoequipodejuncker #prohibirocianuro nas #audienciasPE2014
#askteamjuncker #bancyanide #EPhearings2014
____________________________________________________________________________

 

Organizacións membros da campaña europea Bang Ban Cyanide:

ContraMINAcción (Galicia)
http://www.mineriagalicia.org/ | contacto@mineriagalicia.org

Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños (Galicia)
nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es/ | braulioamaro@gmail.com

Plataforma ORO NO (Asturias)
orono.blogspot.com | plataforma.orono@gmail.com

Plataforma Salvemos Cabana (España)
www.salvemoscabana.blogspot.com.es | salvemoscabana.info@gmail.com

Salva la Selva (Alemania / España)
www.rainforest-rescue.org/ | guadalupe@salvalaselva.org

Brdy nad zlato (República Checa)
www.brdynadzlato.cz | info@brdynadzlato.cz

Campania Salvati Rosia Montana (Romania)
www.rosiamontana.org | alburnusmaior@ngo.ro

Çanakkale Çevre Platformu (Turquía)
http://cevreplatformu.blogspot.ro/ | canakkalecep@gmail.com

CATAPA (Bélxica, América Latina)
www.catapa.be  | info@catapa.be

Čechy nad zlato (República Checa)
www.cechynadzlato.cz

Collectif de vigilance sur les projets miniers Creusois (Francia)
minesencreuse.blogspot.fr/ | CommCollectifVilleranges@gmx.fr

Gaia Foundation
http://www.gaiafoundation.org/ | hannibal@gaianet.org

Hellenic Mining Watch (Grecia)
www.facebook.com/antigold | info@antigoldgr.org

Initiative de solidarité avec la Grèce qui resiste (Bruxelas, Bélxica)
initiativesolidaritebxl.wordpress.com  | initiative.limited@gmail.com

Kremnica nad zlato (Eslovaquia)
www.kremnicanadzlato.sk/ | info@kremnicanadzlato.sk

Maiouri Nature Guyane (Güiana Francesa)
http://sites.google.com/site/maiourinature | maiouri.nature@gmail.com

Mining Match Romania (Romanía)
www.miningwatch.ro | contact@miningwatch.ro

Šumava nad zlato (República Checa)
www.facebook.com/SumavaNadZlato | petraoudesova@gmail.com

Stop Talvivaara (Finlandia)
www.stoptalvivaara.org/ | mediadesk@stoptalvivaara.org

Utopia (Francia)
www.mouvementutopia.org | anthony.foussard@mouvementutopia.org

Veselý vrch (República Checa)
www.stoptezbezlata.cz | veselyvrch@gmail.com

Za Zemita (Bulgaria)
www.zazemiata.org | info@zazemiata.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.