Un incendio intencionado arrasou máis de 9 hectáreas do Monte Veciñal en man Común de Froxán, en Lousame, situado sobre unha concesión mineira.
Co apoio da sociedade, a política da terra queimada terá sempre as de perder fronte á defensa da terra e comunidades fortes, cohesionadas nas súas xustas reivindicacións.
Manexo do monte veciñal, a resposta a moitas necesidades
A Comunidade Veciñal de Froxán desenvolveu durante as últimas décadas un lento traballo de restauración curando as fondas feridas que máis dun século de voráxine mineira pola extracción do wolfram e estaño deixaron sobre o seu territorio: deforestación, contaminación fluvial, pozos mineiros abertos, e montañas de residuos. Nesta fin de semana alguén quixo destruír parte dese esforzo. A reintrodución de especies autóctonas fronte á eucaliptización masiva do territorio é unha das accións que vén desenvolvendo a comunidade e constitúe un mecanismo efectivo de protección contra os lumes.
Conflito de intereses
Ainda que houvo incendios no pasado, esta é a primeira vez que un incendio é provocado intencionalmente no monte de Froxán. A veciñanza estima que o incendio aconteceu “procurando facer o máximo dano posíbel a través da escolla do punto e das condicións ambientais máis indicadas para levar o lume cara á aldea e cara a unha recente reforestación con bidueiro, completada a semana pasada”.
Este feito, que consideran un atentado, non responde a conflitos entre comunidades ou entre veciños, nin tampouco a calquera interese directo pola acción do lume sobre o terreo. En realidade, só pode ser clasificado como terrorismo ambiental, pois o seu obxectivo último e único é sementar o medo e a impotencia procurando parar os esforzos de defensa do monte comunitario fronte aos que o atacan.
Solidariedade e vixilancia de ContraMINAcción
Como máis vale previr, a Plataforma ContraMINAción transmite a súa máis firme condena á destrución ambiental perpetrada este domingo no monte da Comunidade de Froxán. ContraMINAción expresa o seu apoio e solidaridade coa Comunidade de Froxán e activa os seus mecanismos de vixilancia ambiental. Diferentes actividades e accións de resposta xa se puxeron en marcha.
Este ataque tamén mostra a capacidade de resposta rápida e acción unitaria da comunidade evitando, xunto coa acción determinada dos servizos de extinción, que o lume producise o dano que procurara.
Desde a comunidade procedeuse tamén á denuncia dos feitos, que están penados coa indemnización dos custos de extinción e danos causados e 5 anos de cárcere, e xa está en marcha unha investigación, paralela ás accións de autoorganización da comunidade, para que non volva pasar.
“Os coletivos que formamos ContraMINAción facemos ademais un apelo para incrementar este apoio, e poñémonos mans á obra para colaborar na rexeneración inmediata do territorio atacado con especies autóctonas. É a nosa forma de dar unha resposta firme a este covarde ataque ás comunidades veciñais e contra o ecosistema, veñan de onde veñan”.
Menuda mentira. En la zona que se ha quemado nunca ha habido minería alguna y menos han tenido que restaurar ellos nada relacionado con la mina… Que no os tomen el pelo estos de Froxan, que con la escusa de la mina van a conseguir que les ayudeis gratis. Vaya jeta…
Moitas gracias polo comentario.
A Plataforma ContraMINAcción participou o 23 de xullo de 2015 nunha mesa redonda sobre “O Impacto da Minaria nas Terras de Lousame”, e é coñecedora da realidade administrativa e ambiental do proxecto mineiro que Sacyr pretende desenvolver, realiza as seguintes precisións ao comentario previo.
1. O comunicado de ContraMINAcción deixa claro que o atentado non responde “a calquera interese directo pola acción do lume sobre o terreo”, e que “En realidade, só pode ser clasificado como terrorismo ambiental, pois o seu obxectivo último e único é sementar o medo e a impotencia procurando parar os esforzos de defensa do monte comunitario fronte aos que o atacan.”
2. Apesar do anterior, a TOTALIDADE da zona queimada sí forma parte da concesión mineira A-C-1687 “Susana”, que desde o verán de 2015 está baixo as mans da empresa Tungsten San Finx S.L., filial do Grupo Sacyr. Ademáis, no último século sí ten existido actividade mineira na zona onde se parou o frente de lume, concretamente no lugar coñecido como “Choio do Mariño”, según materiais do Instituto Geológico y Minero.
3. Durante os últimos 20 anos a Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán ten realizado cuantiosos investimentos para tapar centos de pozos, galerías e repiradeiros que permaneceron abertos en todo o monte, despois de fracasar as innumerábeis xestións para que empresas e administracións asumisen as súas responsabilidades. Boa parte destes investimentos veciñais de restauración realizaronse na superficie da propia concesión A-C-1687 “Susana”, pero tamén na A-C-127 “La Pilara”, A-C-586 “Ampliación”, A-C-607 “Demasia A Phoenicia”, e A-C-1218 “Demasia A Pilara”.
4. O 100% do monte veciñal de Froxán está baixo algunha destas concesións mineiras, incluíndo as casas, hortas e labradíos dos veciños. Calquera visitante poderá ver os numerosos e perigosísimos pozos que continúan abertos, sen calquera medida de protección en todo o monte, por estar fóra dos medios de restauración ao alcance da Comunidade.
4. O traballo da plataforma ContraMINAcción é fruto da solidaridade na defensa da terra frente a voráxine destructiva das empresas mineiras presentes na Galiza e noutros lugares do mundo, que non pode nen reducirse nen comprenderse desde as lóxicas monetaristas ás que só atende a minería destrutiva. Nen cobra ou cobrou nunca ContraMINAcción polo seu apoio incondicional ás comunidades, nen solicitou a Comunidade do Monte Veciñal de Froxán en ningún momento calquera tipo de apoio económico.
Atentamente,
ContraMINAcción
Pingback: Que hi ha darrere del foc? | El comú català
Pingback: ¿Qué hay detrás del fuego? | LIBERTAD, AMOR Y VERDAD
Graciñas polas traduccións e enlaces ao catalán e o castelán!