Auga, terra, dereitos e alternativas

ContraMINAcción abre co “III Encontro sobre os Impactos da Minaría” novos espazos de debate sobre o modelo extractivo e as súas alternativas, coa presenza da rede global Sí á Vida, Non á Minaría

No centro estivo a preocupación crecente polos proxectos mineiros e polo extractivismo en Galiza, e a busca activa de alternativas.

Encontro estratéxico de coordinadores da Rede Internacional “Sí á Vida non á Minaría” en Santiago de Compostela, e actividades conxuntas coa rede galega contra a minaría destrutiva ContraMINAcción.

Consolídase cara o futuro o intercambio de coñecementos e a solidariedade entre comunidades e organizacións.

Entre as preocupacións máis importantes das organizacións que fan parte de ContraMINacción – Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza– encóntranse a falta de espazos para dialogar sobre o extractivismo, o escaso eco que atopan os impactos da minería nos medios de comunicación e as dificultades para obter información sobre os proxectos por parte das autoridades responsables.

Para contrarrestar ambas carencias, ContraMINAcción púxose mans á obra e proporcionou a loxística precisa para facer posible a presenza, entre o 1 e o 6 de Marzo en Galiza, dos nove coordinadores rexionais que representan a rede global Si á Vida, Non á Minaría -YLNM polas súas siglas en inglés. O grupo convidado estivo ben provisto de aloxamento, alimentación, transporte, lugar de reunión, así como as traducións necesarias para unha perfecta comunicación.

ContraMINAcción fai de anfitrioa en Galiza

É o primeiro intercambio de experiencias entre comunidades afectadas pola minería da rede global YLNM. O punto álxido das actividades foi unha inspección do entorno da mina de San Finx, no municipio de Lousame, na mira de organizacións locais de pesca e marisqueo, polo potencial perigo de rotura dun tanque de relave que tras anos de explotación mineira na zona quedan poucas dudas de que contén unha mestura de auga con metais pesados. De sufrir un accidente, acabaría de raíz con boa parte da pesca e o marisqueo sustentable dos que dependen para a súa economía familiar. Chamou a atención dos visitantes a existencia dun tanque de relaves no propio curso do río, do que a empresa a cargo do proxecto mineiro non parece querer facerse cargo, e cuxa soa existencia contrasta co discurso de minaría sustentable e responsable da empresa.

Co último frío invernal e as nosas características nubes e choiva, o grupo de coordinadores levou a cabo con éxito tódalas actividades previstas. Como din en moitas partes de Europa, non existe mal tempo, senón o equipamento axeitado que fixera confortable a estadía dos delegados de países tan dispares como Finlandia, Filipinas, Colombia, Australia, Reino Unido, Sudáfrica e Nixeria.

Sí a la Vida No a la Minería

Coordinadores de YLNM con miembros de ContraMINAcción

Na atmosfera descrita, o grupo de visitantes escoitaron con atención os relatos sobre os conflitos existentes pola terra, e a criminalización de membros de organizacións ecoloxistas pola toma de mostras para a análise dos porcentaxes existentes de metais pesados e outros posibles contaminantes que supoñan riscos para o medio ambiente e a saúde. Representantes políticos da comarca estiveron convidados a participar das discusións.

Para finalizar a visita, os coordinadores de YLNM plantaron árbores de variedades autóctonas xunto con membros de ContraMINAcción, para contribuír coa labor de restauración da comunidade de montes de Froxán. Os coordinadores da rede global expresaron a súa vontade de acompañar o proceso de resistencia da comunidade de aquí en diante, falando en representación das case 60 organizacións e redes que a forman.

Creando diferentes espazos de diálogo

A visita de campo estivo precedida do III Encuentro de ContraMINAcción, aberto ao público en xeral. O fío condutor foron os diferentes impactos da minería. Deuse a coñecer de xeito detallado a situación nos diferentes países de procedencia dos coordinadores de YLNM con respecto ao extractivismo. Esta visión estivo impregnada das súas experiencias persoais e profesionais, desde puntos de vista tanto comunitario como organizacional.

Natalie Lowrey da campaña Deep Sea Mining

Wale Obayanju de Homef de Nixeria

As diferentes mesas estiveron compostas por unha diversidade extraordinaria de poñentes, ao combinar diferentes temas que abranguían desde as preocupacións que supón a contaminación para as actividades tradicionais de subsistencia, ata as violacións de dereitos humanos incluíndo conflitos de terras, a criminalización de quen se opoñen a proxectos mineiros e o caso extremo de asasinatos, como no caso de Filipinas.

Traduce Joam Evans, modera Braulio Amaro

Enteng Bautista da Rede Kalikasan das Filipinas con Joam Evans e Braulio Amaro

Representantes das organizacións galegas de pescadores e mariscadores Asoar-Armega e Plademar enriqueceron o debate coas súas achegas e preocupacións, relativas tanto á contaminación das rías, como aos seus temores por unha posible contaminación con metais pesados se a actividade mineira se incrementa, e a falta de medidas políticas para reverter a situación. Estableceuse un interesante paralelismo entre o acaparamento de terras e mares para actividades extractivas e quedou de manifesto o ataque aos dereitos dos traballadores de sectores primarios como son a pesca e a agricultura.

Pablo Silva de Plademar Muros-Noia con Jose Luis Rodríguez de Asoar-Armega xunto a Joam Evans.

Marga Prieto e Marcos Celeiro e Braulio Amaro acercaron os conflitos mineiros en Galiza aos presentes

Homenaxe á defensora da natureza Berta Cáceres

O escritor en lingua de poeta Manolo Pipas acompañounos durante todo o III Encontro e estivo á fronte ademais da oportuna homenaxe a tódalas defensoras e defensores dos dereitos humanos asasinados e criminalizados por defender a vida e a natureza, aportando xunto a Isabel Vilalba -que dirixe o Sindicato Labrego Galego- unha perfecta combinación de arte, solidariedade e reflexión profunda que conmoveu intensamente a tódalas persoas presentes. O acto marcou o primeiro cabodano do asasinato da carismática líder indíxena hondureña Berta Cáceres. Especial coidado se puxo en mencionar a outras 11 persoas asasinadas só en COPINH, organización da que facía parte Berta, para sinalar que non se trata dun caso illado, senón dunha toma ao asalto dos dereitos humanos que debe reverterse de inmediato.

Abrindo debates, buscando saídas

Especial interese suscitou entre a delegación internacional a visión achegada polo profesor de economía da Universidade de Santiago de Compostela Xoan Doldán, quen é ademais membro de Véspera de Nada. A súa contribución xirou en torno á alternativa de desenvolver minaría urbana, abrindo ao tempo un intenso debate post-extractivista que todo o público considerou moi necesario e oportuno.

En medio de tan intenso programa, as coordinadoras e coordinadores tiveron en primeiro lugar e durante dous días so seu encontro interno estratéxico da rede global YLNM, facilitado pola avogada australiana Michelle Malone. Con esta reunión estratéxica, a consolidación de YLNM dá un importante paso, sentando as bases para o traballo en común a realizar de aquí en diante, que non só posibilite a solidariedade entre comunidades afectadas, senón que especialmente potencie o debate sobre unha sociedade sustentada sobre un sistema diferente, visto que deter un proxecto mineiro non terá sentido se non se cambia o modelo económico imperante baseado no crecemento sen límites e na dilapidación esaxerada.

Satisfainos inmensamente informar de que todos os encontros e visitas de campo chegaron a bo porto.

O obxectivo de creación de espazos de diálogo e debate foi satisfeito de vez nesta ocasión. Despois de ter recibido numerosas felicitacións, a rede ContraMINAcción considera un éxito o esforzo realizado.

Agradecementos

Yes to Life No to Mining en confluenza con ContraMINAcción

Nin parar nin calar

Agradecemos a axuda desinteresada das organizacións que fan parte de ContraMINAcción, entre as que mencionamos neste momento, ademais das que figuran na convocatoria, ao Sindicato Labrego Galego, en especial a Conchi Mogo- pola colaboración loxística, á Coluna San Fins e a Verdegaia por todo o esforzo de coordinación, no que participaron ademais Joam, Xoan, Nela, Nacho, Marga, Klaus e Guadalupe.

Ademais e de modo especial a Manolo Pipas pola poesía, a Lara de Xinzo e a Braulio Amaro da Plataforma pola defensa de Corcoesto, pola moderación; e a Andrés Díaz da mesma organización polo seu deseño do cartel do III Encontro -que encantou a todo o mundo. E tamén a Bea Corbacho e a José Antonio Cortés Vázquez polas traducións.

Agradecemos tamén aos poñentes: Michelle Malone de AELA, de Australia; Wale Obayanju de HOMEF, Nixeria; Natalie Lowrey da Deep See Campaign, de Papua Nueva Guinea; Chris Madine do Reino Unido, en representación da Cooperativa Snowchange de Finlandia; Joan Evans da Coluna San Fins, de Lousame, Jose Luis Rodríguez Domínguez de ASOAR-ARMEGA; Pablo Silva de Plademar Muros-Noia; Marga Prieto do Sindicato Labrego Galego; Enteng Bautista da Red Kalikasan de Filipinas; Juliana Thornton da Wits Radio Academie, colaboradora de WoMin e Earth Lore, de Sudáfrica; Mariana Gómez de Gaia Amazonas de Colombia; Xoan Doldán de Véspera de Nada; Nacho Jorganes de Verdegaia e ContraMINAcción; Hannibal Rhoades de Yes to Life, No to Mining.

III Encontro sobre os Impactos da Minaría – 4 Marzo 2017 – Centro Sociocultural Vite en Santiago de Compostela

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.