ContraMINAcción celebra o cesamento de Ángel Bernardo e agardan que a nova respondable de Minas, A Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, poña fin á corrupción

  • Porán, “de xeito fehaciente”, sobre a mesa de Paula Uría información concreta sobre as actuacións ilegais, lembrándolle a súa obriga legal de actuar
  • Denuncian a “cultura da corrupción” que tomou conta do departamento de minas nos últimos casos, con cargos e funcionarios investigados a todos os níveis
Ángel Bernardo Tahoces (PP), Praza Pública

Ángel Bernardo Tahoces (PP), 20-2-2013. CC BY-SA 3.0 Praza Pública http://praza.com/politica/3649/a-xunta-teima-na-existencia-dos-contratos-de-pemex-pero-admite-que-non-os-ten/

Os colectivos integrados en ContraMINAcción, Rede contra a minaria destrutiva, celebraron o cese do xa ex-director xeral de enerxía e minas, Ángel Bernardo Tahoces, considerando que a súa situación se tornara hai tempo insostíbel polas imputacións e escándalos que rodean a súa xestión de proxectos mineiros e eólicos.

No entanto, as imputacións e actuacións presuntamente ilegais non se restrinxiron nos últimos anos ao director xeral, senón que se extenderon por todo o departamento, levando a que actualmente estean sendo investigados enxeñeiros actuarios, xefes de servizos e cargos intermedios por actuacións que, para ContraMINAcción, ilustran unha “cultura da corrupción” no sector mineiro e chega a postos da Admistración.

Por ese motivo, os distintos colectivos solicitarán en breve reunirse coa nova Directora Xeral e anuncian que porán enriba da mesa de Paula Uría, evidencias desa corrupción xeneralizada, Agardando que se aproveite a mudanza na Dirección do Departamento como unha oportunidade de mudar de rumo. Non obstante, continuarán examinando a súa actividade “con lupa” e avisan de se emprenderán novas accións legais contra o Departamento en caso de que se observe que se manteñen as conductas ilícitas dos pasados anos.

Como exemplos ilustrativos, lémbrase o escándalo das presas de residuos mineiros de San Finx (Lousame), que este mesmo ano o departamento que até agora dirixía Bernanrdo Tahoces tentou facer pasar por infraestrutura dun muíño para o millo; a falta de control e sancións ante a continuidade da contaminación por metais pesados e ausencia de restauración en Touro, Varilongo ou Monte Neme; e as omisións dos trámites de avaliación de impacto ambiental en Alberta (Beariz), Santa Comba ou San Finx, a falla de declarción de caducidade de concesiósn mineiras sen actividade dende fai anos, e concretamente as da Terra Cha aprobadas no 2006 e a día de hoxe sen actividade, entre outros escándalos que chegaron aos tribunais nos últimos tempos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.