ContraMinAcción e a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños manifesta a súa dor polo triste pasamento do amigo Paco Souto

Neste día triste e de tanta dor polo pasamento de Paco Souto, desde ContraMinAcción e a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños queremos transmitir as nosas condolencias á súa familia e amizades. Poderíamos lembrar, como está a facer moita xente, a súa enorme e incuestionábel calidade persoal e poética, pero queremos destacar ademais o […]

Estrea do documental “Tesouro de Corcoesto”

O vindeiro sábado, día 7 de febreiro, estréase en Carballo o documental “Tesouro de Corcoesto”, sobre o proxecto mineiro de Corcoesto e a loita contra o mesmo. Trátase dunha longametraxe documental producida de xeito independente, por medio dun micromecenado no que participaron 180 persoas e asociacións. Podes ver máis na páxina do documental.    

Ligazón

A lei de acompañamento aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a caducidade dos dereitos mineiros cando se denegue a autorización de explotación.

A publicación o pasado día 30 de decembro no Diario Oficial de Galicia da lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, supón un novo e duro golpe para as pretensións da empresa canadense Edgewater e a súa filial, Mineira de Corcoesto, sobre a explotación da mina de ouro no Concello de Cabana de Bergantiños.

O proxecto mineiro de Corcoesto, denegado oficialmente

A Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia vén de facer pública a resolución de denegación da aprobación do proxecto de explotación para as concesións “Emilita”, “Ciudad de Landró” e “Ciudad del Masma”, coñecidas como Grupo Mineiro de Corcoesto. Desde ContraMINAcción queremos dar os parabéns (e as grazas) a tódalas persoas e […]

Ligazón

Campaña “Eu digo non á mina de Corcoesto”

A Xunta de Galicia acaba de rexeitar publicamente por segunda vez o proxecto da mina de ouro de Corcoesto, pero novamente, non o anula por razóns ambientais senón por cuestións financeiras.

Nós continuaremos a nosa mobilización ata que se anule o proxecto e a súa declaración de impacto ambiental (DIA), aprobada no seu día pola Xunta. O noso obxectivo persegue que este tipo de minaría a ceo aberto que emprega o cianuro se prohiba, e non só en Galicia.

Esta campaña iniciada por Contramínate quere contrarrestar a da empresa Egdewater, co seu lavado de imaxe recente, na que pretende a licencia social da comarca de Bergantiños. Seguir lendo

ContraMINAcción, satisfeita pola posible anulación do proxecto mineiro de Corcoesto

  A rede de colectivos ContraMINAcción manifesta a súa satisfacción polas recentes declaracións do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, ao respecto da anulación do proxecto mineiro de Corcoesto. “Desde a rede ContraMINAcción agardamos, cunha certa desconfianza, que esas declaracións do presidente se traduzan o antes posible nunha anulación oficial de todo o […]

Ligazón

A consideración do proxecto de Corcoesto como estratéxico, cada vez máis no aire

Un informe do IGAPE que forma parte do expediente mineiro de Corcoesto que está sendo tramitando pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas como industrial estratéxico, pon en dúbida esta condición, segundo revela a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños.

O devandito informe sinalaría que o proxecto mineiro de Corcoesto non é estratéxico no sentido definido como tal pola Lei 13/2011 de Política Industrial de Galicia. Segundo o Instituto Galego de Promoción Económica, a pesar de ter un investimento superior aos 50 millóns de euros, o proxecto non chega aos 250 postos de traballo directos e non supón a consolidación dos mesmos no futuro, debido ao carácter finito da explotación, que prevé un ciclo produtivo de 8,5 anos.

Seguir lendo

ContraMINAcción solicita a retirada do proxecto mineiro de Corcoesto

Desde a Rede ContraMINAcción solicitamos a retirada do proxecto mineiro de Corcoesto, así como a nulidade da declaración de impacto ambiental (DIA) ditada no seu día pola Xunta. Nunha nota de prensa publicada pola Consellería de Industria onte, 9 de xullo, podemos ler que “De non cumprimentarse axeitadamente os requisitos ambientais, técnicos e económicos, o […]

Novo informe sobre o arsénico na zona de Corcoesto

Río Anllóns, ao seu paso por Ponteceso. Imaxe de Miguel Navaza Un informe sobre mobilización do arsénico elaborado por varios científicos das Universidades de Santiago e Vigo para a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños pon en cuestión a clasificación dos estériles de mina como “non inertes, non perigosos”. O informe indica que a […]