O SLG e a veciñanza de Xanceda presentan máis de 200 alegacións contra a extracción de seixo na parroquia

Comunicado de prensa do SLG Unha comitiva en representación da veciñanza de Xanceda e o Sindicato Labrego Galego achegáronse hoxe, 17 de abril, até a Casa do Concello de Mesía para presentar as alegacións contra o proxecto Xanceda 7138 co que a empresa Erimsa pretende extraer cuarzo metalúrxico nunha concesión de 781 hectáreas. En total, […]

Éxito de convocatoria na concentración contra a minaría destrutiva na Serra do Suído

A concentración do sábado reclamaba a caducidade do dereito mineiro Alberta I. O acto reivindicativo realizouse na fronteira entre os concellos de Beariz (Ourense) e A Lama  Pontevedra) e mobilizou a preto de 50 persoas dos concellos afectados.A concentración pola caducidade do Dereito Mineiro Alberta I realizouse o pasado sábado, día 13 de marzo, na […]

O Tribunal Superior ratifica dúas sentenzas contra os proxectos mineiros de ERIMSA na Terra Chá

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de confirmar dúas sentenzas contrarias aos proxectos de extracción de seixo na Terra Chá por parte de Explotaciones de Rocas Industriales y Minerales SA (Erimsa). Estas sentenzas foron ditadas en apelación polo TSXG despois de que, en xaneiro de 2020, o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 […]

A Xunta tenta encubrir as irregularidades na mina de litio de Beariz denegando o permiso

Aínda que a denegación do permiso ao proxecto Alberta I xustifícase por un informe negativo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, pode ser unha manobra para eludir a acción da xustiza A Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción quere expresar a súa satisfacción diante da negativa da Xunta de Galicia a aprobar a concesión para […]

ContraMINAcción e outros 234 colectivos de todo o mundo din NON á estratexia europea de materias primas críticas

A estratexia da UE contempla novas minas a ceo aberto na Galiza, como a de cobalto de Castriz (Santa Comba) ou as de litio das serras de Cando e do Seixo Denuncian o incumprimento sistemático da lexislación ambiental da UE na mina de San Finx (Lousame) como caso paradigmático da ausencia de control da minaria […]

A Comisión contra as Minas na Terra Chá convoca os alcaldes tras constatar presuntas ilegalidades de Erimsa

A Comisión contra as Minas da Terra Chá, integrada por máis dunha vintena de colectivos, mantivo, o 7 de outubro, unha xuntanza tras constatar o inicio de actividades por parte da empresa Erimsa. Dende a Comisión contra as Minas na Terra Chá non temos constancia de que esta mineira de capital noruegués e chinés teña […]

Vistas dende o Monte Neme da fermosa lagoa de Baldaio

O Monte Neme galego

Compartimos esta reflexión da Plataforma Pola Defensa do Monte Neme, colectivo que fai parte de ContraMINAcción. Dende vai tempo vimos advertindo da promoción (directa ou indirecta) das balsas e a canteira do Monte Neme como lugar turístico por parte de particulares (instagramers ou non), prensa e incluso entidades públicas. Estes días vemos o Monte Neme […]

A Comisión de seguimento da Minaría na zona de Mesía resposta a ERIMSA

Desde ContraMINAcción facémonos eco do comunicado emitido pola Comisión de seguimento da zona de Mesía e en Defensa do Rural, que reproducimos a continuación: RESPOSTA Á CHANTAXE DE ERIMSA. Ramón Barreiro, representando ao Sindicato Labrego dentro da Comisión de seguimento da Minería na zona de Mesía e en Defensa do Rural, unha vez analizado o […]

ContraMINAcción volve á rúa para berrar que Galiza non é unha mina

Hoxe, 10 de xuño de 2018, ContraMINAcción volve ás rúas de Santiago de Compostela para apoiar a nova mobilización masiva contra a minaría en Galiza. O colectivo organizador, a Plataforma contra a mina de Touro, que fai parte da rede, conta con replicar cinco anos despois a gran manifestación masiva de ContraMINAcción no 2013, que […]