Arquivos do autor: ContraMINAcción

O IV Encontro de ContraMINAcción convocará na Galiza movementos contra a minaría destrutiva de toda a Península Ibérica

Celebrarase os días 16 e 17 de febreiro en Santiago de Compostela e participarán 14 asociacións e plataformas de España e Portugal que traballan contra os impactos sociais, económicos e ambientais da actividade mineira

A Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción1 está a organizar o seu IV Encontro, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 16 e 17 de febreiro. Nesta cuarta edición, baixo o título “Impactos da minaría na Península Ibérica”, o evento transcende as fronteiras de Galiza ao invitar 14 organizacións e plataformas que se opoñen á actividade mineira en España e Portugal polas consecuencias negativas que esta ten no seu entorno2.

O IV Encontro de ContraMINAcción deseñou un programa de actividades abertas de acceso libre para toda persoa que queira participar. Así, durante a mañá do sábado 16 de febreiro, desenvolveranse tres mesas redondas no Museo do Pobo Galego: “Un regueiro de desastres contaminantes”, “Novo boom: a febre polo ouro e outras febres” e “Daquela que? Hai alternativas”. O domingo 17 de febreiro, asistiremos á estrea do documental “San Finx: a catástrofe de 1960”, dirixido por Irene Pin Basanta, que se proxectará na Casa do Matadoiro (praza do Matadoiro) a partir das 10:00 horas, tamén en Compostela.

Tecendo redes a nivel internacional contra a minaría

Un dos obxectivos principais deste evento será visibilizar as dimensións do boom mineiro na Península Ibérica e continuar a tecer redes entre os colectivos que se enfrontan á minaría insostible, destrutiva e produtora de refugallos dentro e fóra de Galiza. A causa do esgotamento progresivo dos recursos minerais do planeta e do crecemento exponencial do seu consumo, as prácticas mineiras están a ser cada vez máis agresivas co medio ambiente e os hábitats e sociedades afectadas. Isto está a implicar un aumento da sinistralidade, como demostran numerosos accidentes acontecidos nas últimas semanas como a rotura da balsa de lodos en Brumadinho, no Brasil; ou, en España, o derrubamento acontecido na mina Cobre Las Cruces, en Sevilla, que obrigou ao seu peche; ou o desbordamento das balsas residuais de Touro; feitos todos que se analizarán no encontro xunto coas invitadas e invitados. Trátase dunha problemática global que se está a agudizar cada vez máis e que, co ánimo de enfrontala con máis forza, xa propiciou, en anteriores encontros, a alianza dos colectivos que formamos parte de ContraMINAcción na Galiza con organizacións internacionais como Yes to Life No to Mining (YLNM). Agora, a través do IV Encontro agardamos poder reforzar esa rede a nivel peninsular.

Podedes seguir as nosas publicacións e debates en redes sociais a través do cancelo #ContraMINA2019

 

Notas:

1ContraMINAcción somos unha plataforma galega que desenvolve actividades contra a minaría destrutiva na que estamos integradas 24 organizacións e colectivos da Galiza (http://www.contraminaccion.org/colectivos-que-formamos-a-rede/)

2Asociación de afectados por metales pesados (Cartagena), Coordinadora No a la Mina de Uranio (Salamanca), La Raya sin Minas (Valencia de Alcántara, Cáceres), No a la Mina en el Valle del Corneja (Ávila), No a la Mina en la Sierra de Ávila (Ávila), No a la Mina en la Sierra de Yemas (Ávila), No en mi Tierra (Zamora), Oro No (Asturias), Plataforma Ciudadana Sierra de Morón (Sevilla), Plataforma Sierra de Gata Viva (Cáceres), Salvemos la Montaña (Cáceres), Salvemos las Villuercas (Cáceres) e Unidos em Defesa de Covas do Barroso UDCB (Portugal).

Con preocupación, Touro mira a Brumadinho

E chama a atención sobre o grave risco que supoñen as balsas mineiras de Touro 

As balsas mineiras que Cobre San Rafael proxecta para a mina de cobre a ceo aberto de Touro e O Pino supoñerían unha grave ameaza para a vida dos veciños, ao non contemplar os riscos de inundación e terremoto ou o mantemento tras o peche da mina.

A poboación de Touro e O Pino mira estes días con consternación e temor a traxedia vivida en Brasil a consecuencia da ruptura dunha balsa de residuos mineiros, que deixa tras de si, a día de hoxe, 58 mortos, 305 desaparecidos e 24.000 veciños evacuados polo risco de inminente rotura dunha segunda presa. As comparacións, nestes meses de incertidume ante a decisión da Xunta de Galicia sobre o Proxecto Touro, son inevitables, máis se cabe tras coñecer o recente informe da Sociedade Galega de Historia Natural, que alerta de que Cobre San Rafael, a empresa promotora, non levou a cabo un estudo para avaliar a seguridade das presas de estériles do proxecto en base aos novos cálculos ou modelos de seguridade e, por tanto, non valora os custos humanos, sanitarios, económicos e ecolóxicos do peor accidente posible, que sería a rotura das balsas mineiras, con vertedura ata o sistema fluvial Ulla – Deza, igual que ocorreu o pasado venres no estado de Minas Gerais. De ocorrer unha eventualidade similar na mina de Touro, un río de lodos con residuos minerais contaminantes chegaría ata a ría de Arousa, deixando ao seu paso devastación en toda a conca do río Ulla, convertido nun inmenso mar de barro tóxico.

Convén lembrar que o Proxecto Touro recolle que “se espera que os procedementos de monitoreo e evacuación, así como a capacitación do persoal, permitirían protexer tanto ás poboacións como ao persoal da planta en caso de falla dos muros. Por outra banda, non se espera unha falla rápida nos muros, senón máis ben que calquera falla entregue avisos que permitan a reacción do persoal”. Seguramente o proxecto da mina de ferro de Brumadinho tamén recollía unha apelación á esperanza similar e, con todo, as sirenas non soaron nin funcionaron os demais sistemas de aviso para evacuar.

No caso do proxecto mineiro de cobre a ceo aberto de Touro, que Cobre San Rafael presentou ante a Xunta de Galicia, a presa proposta está situada a menos de 200 metros augas arriba da aldea de Arinteiro, que inclúe 5 granxas e unha poboación permanente de 20 fogares. Dado que habería entre 10 e 100 vidas humanas en risco en caso dunha falla da presa, a categoría de risco é “moi alto”, segundo a Canadian Dam Association (2013). De acordo coa Federal Emergency Management Agency (FEMA, 2005, 2013), a presa de estériles de planta debe deseñarse para soportar a Inundación máxima probable (IMP) e o Terremoto Máximo Crible (TMC). Segundo a Canadian Dam Association (2013), a presa de estériles de planta debe deseñarse para soportar unha inundación de 10.000 anos e un terremoto de 10.000 anos utilizando o enfoque informado por risco. Con todo, estas cuestións non se tiveron en conta no Proxecto Touro. Da consulta dos documentos presentados pola promotora, compróbase que o período de retorno máis longo que se considerou foi de 500 anos. Tampouco se contempla un plan para a xestión a longo prazo ou perpetua do sitio da mina despois do peche. Édicir, unha vez que a actividade mineira cese ou a explotación sexa abandonada, como xa ocorreu coa anterior explotación, non se levara a cabo ningún tipo de mantemento que poida evitar a falla das balsas mineiras ou a drenaxe aceda. A presa seguiría sendo unha ameaza constante para a vida dos veciños de Arinteiro, pois Cobre San Rafael, participada pola multinacional Atalaya Mining, non contempla riscos como a falla da balsa durante inundacións e terremotos ou a falta de mantemento despois do peche da mina.

A plataforma veciñal Mina Touro – O Pino NON non quere que haxa que lamentar no futuro nin unha soa vítima mortal, nin unha soa casa sepultada pola riada de contaminación, motivo polo que insiste na necesidade de que a Administración aplique o principio de precaución, que esixe que en caso de ameaza para o medio ambiente ou a saúde, e nunha situación de incertidume científica, se tomen medidas apropiadas para previr o dano. A Administración debe anticiparse e actuar xa para evitar que un suceso deste calibre poida chegar a ocorrer, e non para formar un gabinete de crise cando a catástrofe sexa un feito.

Os veciños de Touro e O Pino non deben resignarse a vivir nun estado de alarma constante por medo á rotura dos diques de contención das balsas. Non deben ser protagonistas da crónica dunha traxedia anunciada, nin vítimas dun crime ambiental contra a vida humana.

 

A importancia das mobilizacións para defender o propio

Lentes Diverxentes está a difundir novos testimonios e reflexións sobre a manifestación do 10 de xuño de 2018 en contra do proxecto mineiro de Touro-O Pino, sobre a importancia das movilizacións para defender o propio.

ContraMINAcción estivo alí, facendo parte da maioría iluminada.

 

Atalaya Mining, sen rumbo e á deriva

A multinacional chipriota cae en picado ao perder todo o ganado desde xaneiro

A multinacional con sede en Chipre, Atalaya Mining, tenta camuflar a realidade publicitando crecentes expectativas de producion de cobre na mina de Riotinto (Huelva), imposibles de acometer. E para iso utiliza un reciente informe financeiro que fixo público a traves da sua paxina web.

Pero as cousas non lle marchan ben ámineira, e os seus investidores estan a darse conta.

No ultimo mes as accions de a empresa caeron en picado, ata un 35%, o que indica que perdeu todo o ganado desde xaneiro. Mentres o prezo do cobre e as accions de outras mineiras mantenense mais ou menos estables, Atalaya Mining parece perder o rumbo.

Moitos poden ser os factores que levaron a mineira a este desastre. En setembro, unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucia (TSXA) anulaba a autorizacion ambiental da mina de Riotinto (Huelva), estimando a demanda de Ecoloxistas en Acción, que demostrou a vulneracion das obrigacions de informacion e os dereitos de participacion cidada previstos legalmente.

Atalaya Mining, e os seus accionistas, saben que esa sentenza fará caer como fichas de dominó as demais autorizacións desa mina andaluza. De feito, o TSXA xa deixou visto para unha nova sentenza o proceso xudicial que moi probablemente culminará coa nulidade e paralizacion da autorizacion que permitiu o reinicio desa explotacion en 2015, ata que cumpran con todas as suas obrigacions ambientais e de seguridade mineira.

Atalaya tamen sabe, e os seus accionistas tamen, que resulta imposible a ampliacion de explotacion e producion que pretenden en Huelva, sen abordar un macromillonario investimento que modifique radicalmente o sistema de xestion dos seus residuos. Neste momento as balsas de lodos de Riotinto estan ao bordo da saturacion e a tempada de choivas -que xa empezou en Andalucia- poneraas novamente en serio risco de rotura. A solucion de recrecemento de muros nas balsas que pretende Atalaya Mining -tal como fixo Boliden na mina de Aznalcóllar fai duas decadas- éinviable ambientalmente e conducirá inexorablemente a un novo desastre mineiro.

Outra sentenza, a do caso Astor, complica ainda mais a situacion da empresa, ao confirmarse a resolucion de marzo de 2017 pola que Atalaya Mining debe devolver a Astor Management calquera exceso de efectivo xerado, ainda que non de inmediato. Desde que se coneceu esta sentenza, a pesar de un pequeno aumento no prezo do cobre, as accións de Atalaya caeron. Astor pretende recorrer a sentenza para reclamar 15,9 millóns ámultinacional chipriota.

Tampouco parece tranquilizar a os investidores a noticia da procura de comprador para Atalaya Mining, a traves do banco canadense de investimentos Bank of Montreal, sobre a que a empresa manifestou estar a avaliar as opcións estratexicas da compañía.

Respecto ao Proxecto Touro, a situación tampouco mellora para a empresa, aínda que no seu informe financeiro pretenda dar a entender que a aprobación do proxecto esta ao caer, ao haber rematado a fase de información pública do procedemento.

Pero a realidade éque o recente informe de ICOMOS, no que alerta do grave risco que a mina supoñería para o Camiño de Santiago, podendo chegar a ser excluído da Lista de Bens Patrimonio de a Humanidade da UNESCO, non parece presaxiar un futuro moi halagüeño para a mineira en Galicia.

Podes descargar aquí o informe completo de ICOMOS España.

Con todo, e a xulgar polo anuncio de expansión de Atalaya en Riotinto, todo parece indicar que, no hipotetico caso de que a Xunta de Galicia dese luz verde ao proxecto de Touro e O Pino, a intención da empresa de explorar a superficie de 122 quilómetros cadrados (que logo pasaron a ser 153) de todas as concesións de exploración que rodean a mina de Touro, como afirmaba o Conselleiro Delegado, Alberto Lavandeira, poida levar a cabo, polo que sí se trataría dun proxecto fragmentado, o que vén dar a razón a quen advirteu desde un principio das intencións da mineira de explotar moito máis do proxectado inicialmente.

La situación actual de Atalaya Mining, sen rumbo e á deriva, non ofrece ningunha garantía, pero maior inseguridade deben ter quen teñen a responsabilidade de aprobar ou denegar este proxecto, xa que unha empresa con tal inestabilidade difícilmente ofrece garantías e moito menos no caso de ter que facer fronte a posibles indemnizacións por accidentes ou destrucións patrimoniais, de valor incalculable, como asegura ICOMOS no seu informe ás portas do próximo ano Xacobeo 2021, ou como recentemente coñecemos tamén de situacións que se poden reproducir igual que en Monte Neme, en “búsqueda e captura” para cobrar as sancións impostas por abandono de zonas mineiras contaminadas, ou ¿queremos que suceda o mesmo en Touro, queremos que siga sucedendo en Huelva? ¿Estamos os cidadáns e cidadás dispostas a seguir pagando as sancións que estas empresas cometen e non asumen?

 

A minería irresponsable do Monte Neme continúa a dar problemas

Augas de Galicia propón sancionar a Leitosa, S.A.U por vertidos non autorizados ao dominio público hidráulico

A empresa, xa disolta no seu día por un xuíz, non se dá por notificada e Augas de Galicia emprázaa por un edito público a través do DOG e do BOE

O DOG de hoxe publica a proposta de resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais coa clave DH.D15.62226.

Con data do 24 de setembro de 2018 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador seguido por Augas de Galicia e iniciado o 14 de maio deste ano, contra Leitosa, S.A.U. (termos municipais de Carballo e Malpica de Bergantiños) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.e) da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

Leitosa, S.A.U. estaría a ser sancionada polos vertidos que puideran alterar a calidade da auga ou as condicións ambientais ou hidráulicas do medio receptor, efectuados sen contar coa autorización de vertido correspondente.

Intentada a notificación da dita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que obraba no expediente administrativo, esta resolutou ser infrutuosa, polo que Augas de Galicia notifica a través dun anuncio no DOG e no BOE, por un prazo de quince (15) días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de que Leitosa compareza ante Augas de Galicia.

Sen embargo, todo parece indicar que Augas de Galicia está a comunicarse con unha empresa que non existe, porque xa fora disolta no seu día por un xuiz que ordeara a disolución de Leitosa, a empresa que recibira 600.000 euros en axudas públicas e que tras declararse a súa insolvencia, non houbera bens para cubrir as débedas cos acreedores.

O xuíz xa ditaminara no seu momento a disolución da concesionaria do Monte Neme. A empresa vencellada á familia Cotino do Partido Popular de Valencia (coñecido pola famosa trama Gúrtel), non tiña bens para afrontar as débedas contraídas cos acreedores.

A data da resolución xudicial do Xulgado do Mercantil de Valencia foi do día 9/07/2015. O auto concluía o concurso por inexistencia de bens, extinguía a sociedade e cerraba a súa folla de inscrición no Rexistro Mercantil.

No ano 2014, unha balsa mineira do Monte Neme fendía e provocaba o vertido de 24.000 metros cúbicos de auga e lodos mineiros. Aqueles danos foran valorados preto de 1,5 millóns, e dos que ao parecer non se recuperou nada, nen se vai a recuperar ao disolverse xa a empresa concesionaria.

O que debe facer a Xunta de Galicia é asumir a execución subsidiaria da restauración mineira do Monte Neme e deixar de perseguir panaceas e empresas que xa non existen. Agora tócalle á Xunta asumir a súas responsabilidades dunha vez por todas.

https://galicia.economiadigital.es/directivos-y-empresas/el-juez-ordena-disolver-leitosa-la-minera-del-monte-neme-que-recibio-600-000-euros-en-ayudas_366598_102.html#

http://www.infocif.es/empresa/leitosa-sa

 

Fonte: https://valfluvialdolouridocorcoesto.com

A mina de Touro é inviable

Santiago de Compostela, 13 de Novembro 2018

As plataformas Mina Touro – O Pino NON e Pola Defensa da Ría de Arousa reiteran a inviabilidade do proxecto mineiro e denuncian o desleixo da Administración na súa obriga de protexer os elementos patrimoniais gravemente afectados pola explotación de cobre a ceo aberto.

Logo de coñecer o informe no que ICOMOS, órgano asesor da UNESCO en materia de conservación do patrimonio, alerta das graves consecuencias que a reapertura da mina de Touro e O Pino tería para o Camiño de Santiago, así como para outros elementos do patrimonio histórico e cultural dos concellos afectados, as organizacións que se opoñen ó proxecto vense na obriga de facer público novamente o seu descontento e a súa preocupación polas irreversibles consecuencias que o proxecto conlevaría de ser aprobado pola Xunta de Galicia.

Como o organismo asesor recolle no seu informe, o Estado signatario da Convención do Patrimonio Mundial, pola que se inclúe un ben na Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO, asume voluntariamente o compromiso de protexelo, conservalo, revalorizalo e non adoptar deliberadamente medidas que o poidan danar, directa ou indirectamente. Asimesmo, tamén se adquire o deber de informar ó órgano da ONU cando existan factores que poidan afectar á conservación do valor excepcional dun ben inscrito na Lista de Patrimonio Mundial, como é o caso do Camiño Francés. No que lle compete á Xunta de Galicia, a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia tamén é clara ó establecer un réxime específico de protección dos Camiños de Santiago, e indicando que as obras e actividades no ámbito delimitado destes deben ser compatibles coa conservación e coa protección dos seus valores propios e, como criterio xeral, deben manter as características principais do territorio que conforman, o que supón o mantemento preferente dos núcleos tradicionais e das actividades agropecuarias e forestais. Sen ir máis lonxe, a Guía de Boas Prácticas Para As Actuacións Nos Camiños da Xunta de Galicia recolle que “con carácter xeral, non se permitirán novas canteiras a ceo aberto nin vertedoiros no territorio histórico nin no seu caso na zona de amortecemento”.

Ademáis de usurpar o valor eminentemente agrícola e gandeiro das terras de Touro e O Pino, a explotación mineira tamén suporía unha grave pérda económica pola grave afección ó Camiño Francés, especialmente no concello do Pino, onde o impacto da ruta xacobea na economía local é cada vez maior, tanto nos ingresos que supón o aumento anual de peregrinos que siguen esta vía como polo incremento de afiliacións á Seguridade Social, vinculado directa ou indirectamente ó boom de peregrinacións a Santiago.

Polo tanto, ICOMOS vén de unirse á loita contra a mina e a deixar moi claro que este proxecto non é posible, non é compatible e non é sustentable cos nosos medios de vida nin co noso patrimonio. E faino lembrándolle ás administracións competentes que a destrucción dos bens culturais e do seu entorno considérase expolio e está prohibido pola Constitución e pola normativa sobre patrimonio histórico, estatal e autonómica, que a desenrolan.

Esta mañá a Libraria Couceiro de Santiago de Compostela acollía a rolda de prensa convocada polas plataformas Mina Touro – O Pino NON e Pola Defensa da Ría de Arousa.

A MINA DE TOURO-O PINO AMEAZA O PATRIMONIO MUNDIAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago ( FICS), 7 de novembro de 2018

Tal como a FICS fixo público o pasado mes de xuño, o proxecto de mina a ceo aberto nos termos municipais do Pino e Touro é unha grave ameaza ao Camiño de Santiago (Camiño Francés), ante a cal a Xunta de Galicia -administración responsable da protección deste Ben Cultural de valor universal- garda silencio.

Un recente informe técnico do Comité Internacional de Monumentos e Sitios ( ICOMOS), organismo asesor da UNESCO en materia de conservación do Patrimonio Mundial, confirmou as graves ameazas contra o trazado do Camiño Francés e a súa adecuada conservación tras unha minuciosa análise do proxecto mineiro e a documentación achegada pola propia empresa promotora Atalaya Mining-Explotacións Galegas S. L. O texto, ao que a FICS tivo acceso, subliña que o proxecto “supón unha clara violación da normativa de protección” que non só invade a contorna do Camiño Francés senón que supón a destrución material de parte do seu trazado, “ contravindo a lexislación -nacional e internacional- vixente na materia”.

Convén lembrar que para que un Ben Cultural sexa incluído na Lista de Patrimonio Mundial, as administracións responsables da súa custodia deben responsabilizarse dunha estrita preservación do mesmo para que conserve os seus valores de identidade.

No citado informe, ICOMOS afirma que a actuación das administracións contraviene “os compromisos adquiridos polo Estado español ao promover a inscrición do Camiño de Santiago na Lista do Patrimonio Mundial”. En particular, o organismo internacional de custodia do patrimonio cultural sinala que “non se tivo en conta a necesidade de previr ao Comité do Patrimonio Mundial respecto a a actuación que se pretende realizar”, en alusión ao proxecto da mina de cobre de Touro-O Pino.

Tras un detallado estudo do tramo afectado, sinálase unha lista de afeccións negativas que provocaría o proxecto mineiro, que inclúe tanto a deterioración do medio natural inherente ao Camiño de Santiago –que segundo o informe afectaría polo menos a 2,7 millóns de peregrinos durante a duración da actividade extractiva da mina– como a destrución de parte do “itinerario xacobeo protexido” entre Quión e Arca e de parte dos bens culturais asociados ao Camiño.

O resultado desas afeccións, sumadas a outras agresións sufridas pola ruta xacobea nos últimos anos, supón unha “perda continuada dos valores patrimoniais” que pode implicar unha “profunda repercusión pola súa influencia na identidade do propio Camiño”. En canto a esta perda de identidade, o informe de ICOMOS lembra o seguinte: “No caso da perda dos valores excepcionais polos que foi incluído na Lista do Patrimonio Mundial un Ben Cultural, ou que o Estado parte non solvente os perigos comprobados ou potenciais que afecten o Ben, este pode ser excluído da Lista do Patrimonio Mundial pola UNESCO”.

A FICS, como entidade que agrupa a peregrinos e expertos no Camiño de 27 países, desde o primeiro momento preocupouse pola posible afección deste desproporcionado proxecto ao pé mesmo do Camiño Francés.

O informe técnico citado, elaborado polos expertos do organismo de referencia en materia de conservación do Patrimonio Mundial, confirma que estamos ante unha das maiores ameazas á conservación do Camiño de Santiago como ben cultural de valor universal.

Por este motivo a FICS, tras reunirse con empresa promotora e plataforma de afectados e despois de levar a cabo estudos sobre o terreo por parte dos seus propios expertos, obtendo conclusións que agora ven referendadas polo informe de ICOMOS, expresa o seu rotundo rexeitamento a este proxecto, completamente alleo ao contexto xacobeo, que supón unha ameaza aos valores culturais do Camiño, e demanda ás administracións responsables que poñan todos os medios que a Lei pon á súa disposición para impedir o que, con toda probabilidade, podería converterse no maior atentado patrimonial sufrido polo Camiño de Santiago en chan galego.

 

Escoita unhna entrevista na radio, cadena Ser

ContraMINAcción solidarízase con Haydée Castillo, detida en Nicaragua o 14 de outubro

A defensora de dereitos humanos e activista nicaragüense Haydée Castillo conta con medidas cautelares otorgadas pola Comisión Interamericana de Derechos Humanos (CIDH) polos riscos que corre no exercicio de denuncia da crise de dereitos humanos en Nicaragua. “Nada do que facemos contravén a lei. As mobilizacións, as críticas ao Goberno, demandar a liberdade dos presos políticos, todo é legal , pero sabemos que estamos nun réxime que rompeu co marco legal”, di Castillo.

A pesar diso, foi detida no aeroporto cando se propoñía viaxar o estranxeiro. Antes de deixala novamente en liberdade unha fiscal dixo a Castillo que non podía saír do país porque a organización que dirixe —o Instituto de Liderazgo de las Segovias— estaba sendo investigada por instrución do Ministerio de Gobernación baixo a Ley antilavado e terrorismo.

En ContraMINAcción tivemos ocasión de coñecer o seu traballo de primeira man cando visitou Galiza o pasado ano. Dende a sua posición, oponse e denuncia proxectos de minaría industrial no seu país. Os abusos das empresas mineiras afectan a vida de moitas familias e comunidades, ademais de ter un alto custo material e emocional. As arbitrariedades empobrecen a poboación, aumentan a migración -dato de relevancia no contexto actual- e incrementan a inseguridade e o medo das mulleres. Solidarizámonos con Haydée Castillo e as súas compañeiras e compañeiros afectados pola grave represión que están a confrontar e esiximos un ambiente de liberdade, máximo respecto e integridade para todos eles.

Actualmente, o seu país Nicaragua e vítima dun modelo de “desenvolvemento” que privilexia a acumulación de capital en poucas mans, desembocando en inxustizas profundas, un modelo que levou a unha espiral de revoltas cidadás dende abril de 2018. Dende entón, a poboación segue defendendo con maior intensidade os dereitos humanos e a vida, e esixindo que o estado garanta os dereitos fundamentais.

O goberno leva a cabo una brutal represión e masacre, con máis de 500 presos políticos, de moitos dos cales non se ten noticias. Ademais houbo asasinatos (entre 322 e 512) e invasións de moradas.

Moitas activistas e defensoras de dereitos humanos foron detidas -Como Haydée- co falso pretexto de ser terroristas. Outras encóntranse exiliadas.

A lista de actos represivos é enorme, sen embargo non perden a esperanza e sobre todo a solidariedade, que facemos chegar pola nosa parte dende Galiza . As compañeiras nicaraguanas desexan seguir organizándose e construíndo pontes. Non perden a confianza de que o réxime caerá. Nós tampouco.

OS RISCOS DE CONVIVIR CO RADÓN

A exposición prolongada a altas concentracións deste gas radioactivo aumenta a probabilidade de padecer cancro de pulmón.

España aínda non adaptou a súa lexislación á Directiva Europea 2013/59/ EURATOM, onde se establecen medidas para a prevención e control da exposición da cidadanía fronte ao radón.

No Día Europeo do Radón, as Plataformas Cidadás formadas en diferentes puntos de España que se opoñen á minería a ceo aberto, quixeron lembrar que é o radón, como pode chegar ata o noso organismo, e que efectos produce.

As Plataformas informan de que “o radón é un produto de desintegración do uranio, mineral inestable que se atopa en todos os chans terrestres, pero son as formacións graníticas e pizarrosas situadas ao Oeste da Península Ibérica (Galicia, Zamora, Salamanca, Estremadura, Ávila, Segovia, Madrid) as que presentan un potencial de exhalación de radón significativamente máis elevado que no resto da Península”.

E é que segundo afirma a OMS (Organización Mundial da Saúde) entre o 3 e o 14% do total dos casos de cancro de pulmón diagnosticados, están causados pola exposición prolongada a altas concentraciónsdeste gas radioactivo.

As plataformas cidadás comparten a inquietudee din: “un posible incremento significativo da exposición da cidadanía ao gas radón ante o crecemento masivo dos expedientes mineiros que solicitan explotación de mineraisa ceo aberto”, precisamente nestas zonas xeográficas. Segundo afirman, “o propio chan onde se xera o radón actúa como barreira para impedir que gran parte deste contaminante radioactivo poida escapar libre cara ao exterior e poida penetrar no noso organismo mediante inhalación”.

Unha vez que o radón se libera, pode moverse con facilidade e percorrer longas distancias antes de emitir radiación e transformarse nos seguintes produtos da cadea de desintegración do uranio, que taménse poden transportar facilmente adheridos a partículas de po para seguir emitindo partículas radioactivas”.

Doutra banda, estas plataformas queren denunciar “a pasividade e falta de interese das Administracións Públicas por regular a exposición cidadá a este contaminante tan perigoso para a saúde”.

E é que o pasado 6 de febreiro de 2018, expirou o prazo que a UE impuxo a España para traspoñer a Directiva Europea 2013/59/ EURATOM, onde se establecen medidas para a prevención e control da exposición da cidadáns fronteao radón. Esta normativa fixa un valor de 300 Bq/ m3 como concentración límite en edificios, que é onde se concentra unha maior cantidade de gas radón, aínda que a OMS establece como máximo recomendado 100 Bq/ m3, unha cifra que cuestiona o límite que establece a Directiva Europea.

As Plataformas esixen ao Goberno, “que leve a cabo un exercicio de responsabilidade e elabore unha lexislación respecto diso que, se non impide a exposición da cidadaníaao radón e os seus produtos de desintegración, impoña medidas que a minimice, e leve a cabo os estudos necesarios para avaliar os riscos de que se produzan emisións adicionais, que polas graves repercusións sobre a saúde das persoas, deberían ser escrupulosamente revisados”.

“NO A LA MINA EN LA SIERRA DE YEMAS” (Ávila)

“NO A LA MINA EN EL VALLE DE CORNEJA” (Ávila)

“NO A LA MINA EN LA SIERRA DE ÁVILA” (Ávila)

“COORDINADORA NO A LA MINA DE URANIO EN SALAMANCA” (Salamanca)

“PLATAFORMA VECINAL MINA TOURO” (Galicia)

“ASOCIACIÓN DE AFECTADOS POR METALES PESADOS DE CARTAGENA” (Murcia)

ContraMINAcción, REDE CONTRA A MINARIA DESTRUCTIVA NA GALIZA

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo tramita varias peticións sobre a mina de Touro

  • Notable incremento das peticións da cidadanía galega ante o Parlamento Europeo e numerosas adhesións individuais ás xa presentadas, a consecuencia do rexeitamento social ao proxecto extractivo de Touro –O Pino.

  • A Comisión de Peticións está a tramitar a máis recente delas, a petición nº 0386/2018, presentada pola Plataforma veciñal MINA TOURO O PINO NON.

  • O Parlamento europeo tramita outras dúas peticións, a nº 1194/2017 e a nº 0174/2018, presentadas por outras entidades ambientalistas galegas.

A Plataforma veciñal de Touro –O Pino Non, pide que se restaure o emprazamento da antiga mina ao descuberto de Touro que estivo activa entre 1973 e 1986. A necesidade da resturación xustifícase polos seus efectos adversos sobre o medio ambiente, en particular a posible contaminación das augas do río Ulla e a ría de Arousa e tamén da potencial afección do proxecto extractivo a zonas da rede Natura 2000 no Pino.

As outras peticións fan fincapé nas características da empresa promotora, nos impactos do proxecto e na falla de información. Así Cobre San Rafael S. L, creada hai dous anos, isto é, o 13/06/2016, filial da empresa matriz Atalaia Mining, pretende extraer cobre dunha mina situada no municipio de Touro, na Coruña, que ocuparía 689 hectáreas, das cales 492 son hoxe en día masa forestal e terreo agrario.

Entre os problemas específicos que plantexan as peticións están os impactos do proxecto extractivo na base territorial das explotacións agrarias beneficiarias da PAC, a desaparición de ata 20 mananciais de auga e as reservas que abastecen polo menos a un cento de vivendas e explotacións gandeiras. Tamén preocupa moito a afección a outros mananciais próximos ás zonas previstas para depósitos de estériles e sobre todo ao río Ulla, espazo natural de Rede Natura, e que na súa desembocadura, na ría de Arousa, xera miles de postos de traballos no sector marisqueiro e acuícola.

As peticións tamén recollen o malestar e a alarma social xerada pola creación na zona de balsas de estériles con diques de 2.806 e 3.187 metros de lonxitude e alturas de ata 81 metros, que se encapsularían ao final da súa vida útil a escasos metros de poboacións habitadas. No caso de fallar estes diques, o estudo de impacto ambiental recoñece que terían consecuencias moi altas en canto a perdas de vidas humanas, danos ao medio ambiente e perdas económicas. A preocupación social esténdese aos dous depósitos de residuos estériles e catro vertedoiros, que ocuparán en total case 300 hectáreas próximas ás vivendas. Ademais o depósito de estériles entre Arinteiro e Vieiro podería converterse, a falta de datos do proxecto, nunha enorme balsa de lodos de ata 50 millóns de metros cúbicos de residuos estériles de mina, con risco para a vida das persoas residentes nas poboacións próximas en caso de rotura. Neste tipo de balsas existe o risco de rotura dos diques de contención con consecuencias potencialmente moi graves con incalculabeis perdas económicas e a deterioración dos ecosistemas.

Desde que se coñeceu o contido do proxecto de Cobre San Rafael, entre os veciños e veciñas destos concellos e outras organización medioambientais presentaron máis de 1500 alegacións ó proxecto no período de exposición pública que rematou no mes de outubro de 2017. Nestes doce meses de contestación social, máis de 150 asociacións de toda índole, 43 concellos, as diputacións provinciais de A Coruña e Pontevedra, partidos políticos e sindicatos manifestaronse oficialmente en contra dun proxecto devastador. O pasado 25 de febreiro máis de 2500 persoas recorreron as rúas de Touro para pedir o rexeitamento da mina (a poboación do municipio é de 3700 habitantes), e o 10 de xuño deste ano tivo lugar unha masiva manifestación en Santiago de Compostela, donde a Praza do Obradoiro quedou pequena para acoller as máis de 40.000 persoas que acudiron para protestar contra este proxecto. Foi unha manifestación histórica en Galicia, comparable solo coa movilización polo desastre do Prestige. Asimismo, entregáronse ó Presidente da Xunta de Galicia máis de 26.000 sinaturas en papel contra o proxecto e permanece aberta unha campaña na plataforma dixital Change.org na que dende o mes de xuño xa suma casi 70.000 apoios en contra da apertura desta mina.

Tendo en conta as consecuencias que sigue traendo para o medio ambente a antigua mina, comprenderán que o pánico a un novo proxecto sea brutal ante unha situación que non parece acorde á Directiva 2014/52/UE sobre a avaliación das repercusións dos proxectos públicos e privados sobre o medio ambente. Poderíamos estar ante unha vulneración da Directiva 92/43/CEE do Consejo, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturales e da fauna e flora silvestres e da Directiva 79/409/CEE do Consejo, de 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres. Vemos pois que poderíamos estar ante una clara vulneración do Estado español da Directiva 2006/21/CE do Parlamento Europeo e do Consejo de 15 de marzo de 2006 sobre a xestión dos residuos de industrias extractivas.

As tres peticións figuran arestora abertas á adhesión da cidadanía, que desexe presentarlles o seu apoio, a través da web da Comisión de peticións do Parlamento europeo, solo teñen que rexistrarse como usuario e adherirse como forma de apoio.Principio del formulario

http://www.europarl.europa.eu/at-your-service/es/be-heard/petitions