Arquivo da categoría: Actos

Actos, eventos, conferencias, palestras, etc.

Programa do I «Encontro galego sobre o impacto da minaría»

Organizado por diversos colectivos ecoloxistas, agrarios e de oposición ás minas terá lugar o sábado 16 de febreiro o primeiro Encontro Galego sobre os Impactos da Minaría.

O obxectivo desta xornada é compartir distintas visións ao redor dunha problemática que está a medrar de xeito exponencial na Galiza nos últimos anos: a concesión de licencias para a explotación mineira de terras, prevalecendo os intereses empresariais duns poucos, a costa dun impacto irreparable nos usos de eidos (forestais, agrícolas, sociais, medioambientais, infraestruturas…) que afecta a miles de persoas. De Bergantiños á Limia, da Terra Chá ao Xallas, a ameaza das minas afecta cada vez a máis bisbarras galegas, polo que urxe unha resposta unitaria e coherente para facerlle fronte que se tentará definir neste encontro.

Programa

  • 09:00 – 10:00h: “A compatibilidade ou prevalencia de usos e os dereitos mineiros”
    Alba Nogueira. USC.
  • 10:00 – 11:45h: “O Impacto da minaría no medioambiente”
    Serafín González. Sociedade Galega de Historia Natural.
    Xoán Ramón Vidal-Romaní. Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, UDC.
    Emilio Menéndez Pérez. Enxeñería de Minas.
  • 11:45 – 12:15h: Descanso de 30 minutos.
    Ás 12:00 h haberá unha rolda de prensa para os medios de comunicación que cubran o evento.
  • 12:15 – 13:30h: “O impacto da minaría no tecido socioeconómico”
    Xoán R. Doldán. USC.
    Isabel Vilalba. Sindicato Labrego Galego.
  • 13:30 – 16:00h: Xantar conxunto.
  • 16:00 – 19:00h: Dinámica de intercambio de experiencias entre colectivos.
  • 19:30 – 21:00h: Proposta de creación e xestión de rede de colectivos.

Data e lugar do encontro

16/02/2013. Hotel Congreso. Teo, Galiza.

Inscrición

Enche o noso formulario de inscrición.

Difusión

Podes descargar o cartaz da xornada sobre o impacto da minaría (PDF), e espallalo en Facebook, Twitter e outras redes sociais utilizando os botóns que atoparás nesta mesma páxina.

Grazas!

Imaxe de fondo do cartaz, CC by bychaa

Web en preparación

Estamos preparando os contidos que de contado serán difundidos por medio deste blog. Mantédevos conectados e nos vindeiros días iremos publicando a información sobre esta xornada acerca do impacto da minaría en Galiza.

Neste encontro do 16 de febreiro preténdese achegar información sobre os conflictos xerados pola minaría, así coma estabelecer un marco para a colaboración entre os colectivos participantes.

A inscrición xa está aberta: apúntate!