Colectivos

Esta é a listaxe alfabética de colectivos que fan parte da rede ContraMINAcción contra a minaría destrutiva en Galiza. Se o vosos colectivo quere unirse á Rede pode deixar unha mensaxe ao pé desta mesma páxina:

Nota sobre a participación de partidos políticos

A rede está aberta a todos os colectivos que queiran participar, agás aos partidos políticos. Entendemos que hai partidos políticos que desexan participar dun xeito honesto da rede, mais son numerosos os intentos de apropiación partidaria e manipulación deste tipo de redes por parte dos partidos políticos e non queremos correr o risco.

As persoas que pertenzan a un partido político poderán participar a titulo individual sen facer mención expresa do seu partido. Tamén damos a benvida ao apoio dos partidos políticos ás accións da rede.

12 reflexións sobre “Colectivos

  1. Marcos

    Aínda que somos un proxecto pequeno, o Espazo Agroecolóxico A Estruga (Viveiro-Lugo), súmase e apoia esta plataforma contra a minería salvaxe.

    Vémonos en Compstela o domingo.

    Apertas!!

    Responder
  2. Ivan

    Enhorabuena por el trabajo que hacéis. De todas formas he de expresar mi descontento con politizar el mensaje mediante el “Nacional”
    Suerte y nos vemos en la manifestación

    Responder
    1. Bruno Vilela

      Ivan, é triste que tenhas que por esse “pero”, porque é algo que até aparece na Constituçom Espanhola. Guste ou nom somos umha Naçom.
      Respeito o de politizar dizer que todo é politica, posicionar-se a favor ou em contra da mina é politica, outra cousa é por umhas siglas por diante.
      Vémo-nos na manifestaçom.

      Responder
  3. Martiño

    Pois eu milito nun partido político e sábeme mal que se pretenda negar unha realidade obxectiva como é que moitos deles apoian estes movementos e DEFÉNDENOS nos parlamentos, concellos e demais foros. A política, per se, non é mala. Sen políticos, que pretendemos buscar? Un único sarxento que nos goberne totalitariamente a tod@s? Eu persoalmente, e baixo esas condicións negacionistas cal La Voz de Galicia, paso de asistir a esta mobilización, mais agardo que sexa un éxito e un paso máis nesta loita. Eu seguirei aportando o meu grao, mais non baixo estas condicións. Un saúdo e forza!

    Responder
    1. admin

      Creo que non entendiches, Martiño. Non se nega nin se impide (todo o contrario!!) que os partidos apoien e defendan o mesmo ca nós, as nosas actividades, as nosas demandas e mesmo a rede ContraMINAcción como tal. O único que non admitimos é que se incorporen como unha organización membro, sen máis.

      Responder
      1. Francisco Xabier Gil Vázquez

        Non todo ten que pasar polos partidos e articularse en función deles ás primeiras de cambio. Tamén eles teñen que se adecuar a outras respostas organizadas da sociedade civil e saber recoller esas expectativas. Non entendo cal é o problema se esta rede admite o apoio expreso de calquera partido que queira significarse así. A outro comentario o apelativo “nacional” parecelle excesivo… Millor será non pór paus nas rodas e achegar algo produtivo.

        Responder
    2. beto

      No parlamento vexo partidos políticos, non colectivos de afectad@s ou ambientalistas; e aquí vexo colectivos de afectad@s ou ambientalistas, non partidos políticos. Cal é o problema? A política non é propiedade dos partidos.

      Responder
      1. Marcos Celeiro

        Se a solução passasse polo parlamentinho e os partidos políticos, os cidadãos não teríamos este problema. Esta plataforma é da sociedade civil organizada, não um satélite de qualquer partido ou uma coligação de partidos. Somos CIDADÃOS UNIDOS, com independência das nossas ideologias e das nossas militâncias. Estamos a reclamar os nossos direitos sobre os recursos materiais e imateriais da nossa terra, sobre o seu uso e desfrute, sobre a sua preservação e disposição para o bem público comum. Também sobre o direito de decidir sobre as nossas vidas. Isso é nosso, das pessoas, das comunidades, não dos partidos. Nenhum partido ou parlamento nos pode negar esses direitos, ou sequestrar a nossa soberania individual e coletiva. Com independência do que façam os partidos e o parlamento, aqui estamos auto-organizados os cidadãos da SOCIEDADE CIVIL, das COMUNIDADES, sem nos submeter aos ditados de parlamentos e legislações que nos são impostas, nem delegar em outrem as nossas responsabilidades sobre a nossa terra. A política também é cousa dos cidadãos.

        Responder
  4. A Cova da Terra

    Dende A Cova da Terra, asociacion de comercio xusto e consumo responsable de Lugo, todo o apoio para esta plataforma.Non á explotacion da terra e a contaminacion do noso futuro!

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *