Páxina 1 de 1

Versus cianuro

MensaxePublicada: Mar, 04 Xuñ 2013, 22:18
por marinela
O domingo na manifestación, díxome Paco Souto que o libro "Versus cianuro", no que se recollen poemas reivindicativos en torno ao tema, dun montón de poetas da nosa terra, xa está impreso.
Non sei se recordades o recital q houbo o pasado verán no Couto. De aí naceu a idea de editar o libro este.
Estase vendendo a 5 euros: 3 para pagar a edición, 1 para a asociación Caldeirón, de Malpica (q editou o libro) e 1 para a asociación q o venda.
Se a algún colectivo lle interesa ter algún exemplar, q mo solicite a min ou a pacosouto@hotmail.com