Páxina 1 de 1

Tapia de Casariego (Asturias)

MensaxePublicada: Mar, 11 Xuñ 2013, 18:45
por beto
O proxecto da mina de Salave garda certas similitudes co de Corcoesto en canto tipo de extracción (aurífera) e empresas implicadas (as filiais canadianas Kinbauri e Edgewater). Tamén nos unen lazos sociais (a plataforma Oro No apoiou desde o principio a plataforma de Corcoesto e Bergantiños, e asistiu á manifestación do 2/6/2013) e culturais (a comarca eonaviega pertence ao ámbito lingüístico galego). O movemento social está a conseguir alí que se vete a explotación a ceo aberto e o emprego de cianuro.
Plataforma Oro No: http://orono.blogspot.com.es/
Recollida de sinaturas: http://www.change.org/es/peticiones/presidente-asturias-suspenda-iniciativa-para-explotar-oro-en-salave-por-no-cumplir-con-normativa-minera?utm_campaign=signature_receipt&utm_medium=email&utm_source=share_petition