Honduras xa leva tempo a sufrir as malas prácticas das empresas metalíferas de bandeira canadense. Organizacións internacionais xa denunciaran que detrás do golpe de estado de 2009 estivo o grupo de presión das mineiras, o cal dá unha idea do poder que chegan exercer estas empresas transnacionais, mesmo en gobernos coma o noso.
Desde Galiza a nosa asociación (ESF) está a desenvolver proxectos de cooperación xunto cunha asociación local aló (CODDEFFAGOLF). A última referencia a esta situación da que temos constancia é o pronunciamento de CODDEFFAGOLF con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente onde entre outras cousas rexeitan a lei de minaría do país: