Expropiación?

Lugar para debatermos sobre as leis e normativas que atinxen á cuestión mineira e como nos afectan en Galiza.

Expropiación?

Mensaxepor Manoel » Dom, 19 Mai 2013, 11:06

Ola. Grazas por este novo foro que nos dá oportunidade de nos informar do que non queren que saibamos :-)

Quería preguntar se alguén con coñecemento de Dereito me sabe explicar por qué hai aínda unha lei franquista que permite expropiar a calquera persoa a súa terra se se considera que hai minerais baixo ela que lle interesa explotar a unha empresa privada. Como pode estar en vigor aínda unha lei previa á Constitución vixente? Non a contradí? :x
Manoel
 
Mensaxes: 1
Rexistrado: Dom, 19 Mai 2013, 11:01

Re: Expropiación?

Mensaxepor marinela » Dom, 19 Mai 2013, 11:34

Non te preocupes. Enseguida derrogan a lei franquista esa e substitúena polo contido do Plan Sectorial de Actividades Extractivas, un documento de enorme interese que vén dicir, en resumo, que esquezas iso de que tes un anaco de terra. A minaría, por se non o sabías, é a maior utilidade pública de cantas hai. O de producir alimentos, unha auténtica chorrada, en comparación. Porque tod@s precisamos minerias, pero alimentos...quen os precisa? Só a xente anticuada aínda segue a facer iso que chaman comer.
marinela
 
Mensaxes: 35
Rexistrado: Ven, 17 Mai 2013, 10:37


Volver a Lexislación sobre minas

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron