Páxina 1 de 1

Expropiación?

MensaxePublicada: Dom, 19 Mai 2013, 11:06
por Manoel
Ola. Grazas por este novo foro que nos dá oportunidade de nos informar do que non queren que saibamos :-)

Quería preguntar se alguén con coñecemento de Dereito me sabe explicar por qué hai aínda unha lei franquista que permite expropiar a calquera persoa a súa terra se se considera que hai minerais baixo ela que lle interesa explotar a unha empresa privada. Como pode estar en vigor aínda unha lei previa á Constitución vixente? Non a contradí? :x

Re: Expropiación?

MensaxePublicada: Dom, 19 Mai 2013, 11:34
por marinela
Non te preocupes. Enseguida derrogan a lei franquista esa e substitúena polo contido do Plan Sectorial de Actividades Extractivas, un documento de enorme interese que vén dicir, en resumo, que esquezas iso de que tes un anaco de terra. A minaría, por se non o sabías, é a maior utilidade pública de cantas hai. O de producir alimentos, unha auténtica chorrada, en comparación. Porque tod@s precisamos minerias, pero alimentos...quen os precisa? Só a xente anticuada aínda segue a facer iso que chaman comer.