Honduras

Información sobre conflitos pola minaría noutros países.

Honduras

Mensaxepor beto » Lun, 10 Xuñ 2013, 02:59

Honduras xa leva tempo a sufrir as malas prácticas das empresas metalíferas de bandeira canadense. Organizacións internacionais xa denunciaran que detrás do golpe de estado de 2009 estivo o grupo de presión das mineiras, o cal dá unha idea do poder que chegan exercer estas empresas transnacionais, mesmo en gobernos coma o noso.
Desde Galiza a nosa asociación (ESF) está a desenvolver proxectos de cooperación xunto cunha asociación local aló (CODDEFFAGOLF). A última referencia a esta situación da que temos constancia é o pronunciamento de CODDEFFAGOLF con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente onde entre outras cousas rexeitan a lei de minaría do país: http://esfhonduras.blogspot.com.es/2013/06/coddeffagolf-dia-ambiente.html
Roberto Roget, Responsable de Sensibilización do Grupo de Desenvolvemento Rural de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Avatar de Usuario
beto
 
Mensaxes: 5
Rexistrado: Sáb, 01 Xuñ 2013, 05:42
Ubicación: Terra de Soneira

Volver a Conflitos no resto do mundo

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 0 convidados

cron