Encontros galegos sobre o impacto da minería

I ENCONTRO

O 16/02/2013 celebrouse en Teo o I Encontro galego sobre o impacto da minería do que nacería, dous meses máis tarde, a rede ContraMINAcción. Este blog fora daquela o punto de referencia na Internet sobre o evento, e co nacemento da rede ContraMINAcción ampliou os seus contidos e función para difundir toda a información sobre as loitas contra a minaría destrutiva no noso país e ser o web oficial desta rede de colectivos.

Velaquí as páxinas que daquela informaron sobre aquel encontro:

II ENCONTRO

O 8 de novembro de 2014 tivo lugar no Centro Social Madialeva (Lugo) o II Encontro galego sobre o impacto da minaría.

Neste segundo Encontro, que dalgunha maneira supón a consolidación desta Rede de colectivos nacida hai algo máis dun ano, abordáronse temas como Minaría e patrimonio, Minaría e agricultura, Activismo e organización a distintos niveis, Impactos da minaría de ouro, Minaría e lexislación, e Alternativas ao modelo extractivo.

Este é o cartaz que serviu para divulgar o II Encontro:

Cartaz das xornadas, co programa completo

Cartaz do II Encontro, co programa completo

Algúns dos contidos expostos no II Encontro:

Grazas pola vosa participación!

Unha reflexión sobre “Encontros galegos sobre o impacto da minería

  1. Pingback: Véspera de Nada en apoio de Marcos Celeiro e en contra da minaría destrutiva | Véspera de Nada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *