ContraMINAcción reúnese cos partidos políticos galegos

A rede ContraMINAcción reunirase cos partidos políticos galegos para esixirlles un posicionamento claro fronte á megaminería destrutiva. Co fin de darlles a coñecer o traballo desenvolvido polos máis de vinte colectivos que integran a rede ContraMINAcción contra a megaminería destrutiva, integrantes desta plataforma cidadá reuniranse mañá, venres 22, con representantes de Compromiso por Galicia (CxG) […]

Toda Galiza está chamada a encher a Quintana este domingo contra o lume e polo futuro do medio rural

A catástrofe vivida no Monte Pindo matou miles de animais e vexetais, pero tamén espertou miles de conciencias de galegas e galegos que non se resignan a asistir impasíbeis ante a destrución do medio ambiente e rural que nos fai ser o que somos, e polo cambio radical das políticas que nos levaron a que […]

“EL ORO DE ESPAÑA” – por Guillermo Abril – EPS 14 / 07 / 2013

O pasado 14 de xullo publicouse no diario “El País” un artigo sobre o ouro, cuxo contido nos pareceu, a máis dunha persoa desta Rede, bastante lonxe da necesaria imparcialidade. Reproducimos a continuación a carta enviada ao Defensor do lector en relación a ese artigo. Como acordamos en conversación telefónica con Tomàs Delclós, el defensor […]

Comunicado da Plataforma Corno do Monte

A Plataforma veciñal Corno do Monte, de Xinzo de Limia, que fai parte da Rede ContraMINAcción, publica no seu blogue un comunicado aclarando a súa postura, tras a confusa nova aparecida na TVG. Reproducimos a continuación dito comunicado: Nas declaracións feitas polos membros da Plataforma Veciñal deixouse claro que: – nas declaracións do Presidente da […]

A Federación Ecoloxista Galega, no Día do Ambiente, contra a megaminería

(Manifesto da FEG co gallo do Día Internacional do Medio Ambiente.) A crise da débeda e a incerteza sobre os seus límites inflúen nos prezos das materias primas. A xente está a investir e deposita a súa confianza en metais nobres como o ouro, a prata ou o platino e as multinacionais do sector emprenden […]

Texto de ContraMINAcción lido no remate da manifestación de hoxe en Compostela

Boa tarde! Velaquí o comunicado de ContraMINAcción, a rede de colectivos contra a minaría destrutiva na Galiza, en forma de chamada dirixida á cidadanía galega presente hoxe nesta Quintana, así como a aqueles que non puideron vir e que talvez nos escoiten desde outros lugares. Galiza está baixo ameaza dun dobre axente perigoso: a megaminaría, […]

ContraMINAcción convoca unha grande manifestación o 2 de xuño para frear a minaría salvaxe promovida pola Xunta

Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción ofreceron unha rolda de prensa hoxe, 16 de maio, para anunciar unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda. Con esta manifestación, que as entidades organizadoras auguran masiva, preténdese expresar o rexeitamento que está a […]

ContraMINAcción apoia a manifestación en Xinzo convocada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte contra a mina de feldespato

ContraMINAcción apoiará a manifestación en Xinzo de mañá, sábado 27 de abril, convocada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte en contra do proxecto mineiro Faramontaos 5089.1, da empresa Minecer SL, para a extracción a ceo aberto de feldespato. Dende ContraMINAcción queremos expresar o noso total respaldo ás reivindicacións da veciñanza ameazada das parroquias de Seoane […]

Programa do I «Encontro galego sobre o impacto da minaría»

Organizado por diversos colectivos ecoloxistas, agrarios e de oposición ás minas terá lugar o sábado 16 de febreiro o primeiro Encontro Galego sobre os Impactos da Minaría. O obxectivo desta xornada é compartir distintas visións ao redor dunha problemática que está a medrar de xeito exponencial na Galiza nos últimos anos: a concesión de licencias […]