Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción ofreceron unha rolda de prensa hoxe, 16 de maio, para anunciar unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda. Con esta manifestación, que as entidades organizadoras auguran masiva, preténdese expresar o rexeitamento que está a xerar o incremento de concesións mineiras en Galiza por parte da Xunta sen atender á salvagarda de espazos protexidos, comunidades humanas e medio ambiente; nin á defensa dos miles de persoas e postos de traballo que están ameazados polas actividades extractivas dunhas poucas empresas.
O primeiro en falar foi Xoán Doldán, profesor da USC e presidente da Asociación de Economía Ecolóxica de España, que participou como representante de Véspera de Nada. Doldán advertiu que os proxectos que ContraMINAcción denuncia non afectan só a algunhas parroquias e comarcas, senón que supoñen “un desembarco masivo de empresas transnacionais mineiras, co apoio activo do Goberno Galego, para transformar radicalmente o noso territorio e convertelo nunha mina a ceo aberto”. Tamén advertiu o profesor da USC que se está a promover unha “economía da miseria”, xogándose coa situación crítica pola que atravesan moitas familias ao prometer postos de traballo “que non van existir porque a minaría ten avanzado moito na utilización de maquinaria e na redución de man de obra humana. E iso sen falar da destrución de emprego que provocará en moitos sectores económicos asentados e incompatibles coa explotación mineira da terra. Coa economía da miseria se quere dividir ás comunidades e iso deixará unha herdanza terrible cando as empresas marchen, amais dunha perda patrimonial irreparable”.
Iñaki Varela, da organización ecoloxista Verdegaia, denunciou que, tanto a Xunta como o Goberno do Estado, introduciron cambios lexislativos nos últimos tempos dirixidos a quitar todo tipo de traba á explotación da terra como fornecedora de recursos para empresas privadas: a Lei do Solo ou a de Costas, o plano acuícola, a construción de parques eólicos, ou as Directrices de Ordenación do Territorio estarían nesta liña. E este tipo de explotación só é posible “matando primeiro ao medio rural e botando á xente que o habita para que a Xunta poida cederllo ás grandes empresas extractivas”.
Na mesma liña abondou a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, que comparou este modelo “depredador do noso medio rural e do noso futuro” coa explotación colonial que sufriron no pasado América Latina e África. Vilalba denunciou que Plan Sectorial de Actividades Extractivas da Xunta “é esclarecedor, pois permite a instalación de proxectos extractivos e contaminantes en todo o territorio galego —un total de 520 licencias a maiores das que xa están activas—, e autoriza a explotación mineira en espazos até o de agora protexidos polo seu valor ecolóxico ou agrario. Mesmo se fala de dotar de lexitimidade actividades extractivas que non cumpren sequera a lexislación”. A secretaria xeral do SLG criticou a desinformación e as trabas que teñen as persoas afectadas para alegar contra estes proxectos, e chegou a afirmar que “están secuestrando os nosos dereitos democráticos”.
Finalmente, falaron representantes de colectivos que se opoñen aos proxectos mineiros de extracción de feldespato na Limia e de ouro en Corcoesto. Respecto do primeiro, Iván Olmos, da Plataforma Veciñal Corno do Monte, comparou os dez postos de traballo que ofrece a empresa levantina Minecer fronte aos 350 empregos que destruiría a súa actividade na comarca limiá. “Seica representamos só o 0’08% da poboación galega, pero a nosa actividade económica produce 27 millóns de euros ao ano fronte aos 3 millóns que xeraría a extracción de feldespato ao ano no mellor dos casos”.
Pola Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños falou Roi Veres, que chamou a atención sobre a división e enfrontamento veciñal que está a provocar este proxecto. Veres denunciou as ameazas e mentiras que están a padecer os propietarios das terras afectadas por parte da empresa, que pretende mercar os terreos a prezo de saldo. Lola Torrano, de Contramínate Laxe, afondou sobre o impacto medioambiental que tería este proxecto, que supón unha seria ameaza para os recursos pesqueiros, percebeiros e marisqueiros, do mesmo xeito que para os acuíferos, o medio ambiente e a saúde das persoas que viven no entorno.
Finalmente, Isabel Vilaba recordou que se xa son preocupantes e graves as ameazas de Corcoesto e A Limia, cómpre non esquecer que están en trámite licenzas mineiras en todo o territorio galego e en espazos protexidos como A Fonsagrada, Santa Comba, Zas, a Serra do Galiñeiro, Ordes, a Terra Chá, Cartelle, Castrelo de Miño, Compostela ou as Fragas do Eume.
Por todo o devandito, dende ContraMINAcción insistiron en animar a toda a cidadanía galega a participar masivamente na manifestación do 2 de xuño para facer entrar en razón á Xunta de Galicia e deter o espolio do noso territorio que está a piques de ser perpetrado por unhas poucas empresas, o meirande delas estranxeiras.
ACTUALIZACIÓN 22/05/2013
Publicamos o cartaz definitivo que será utilizado para difundir nas rúas a manifestación. Descárgao a cor ou branco e negro, imprime e cólao nos lugares onde poida velo máis xente. Grazas!
[wpdm_file id=2]
[wpdm_file id=3]
ACTUALIZACIÓN 25/05/2013
Publicamos un banner de 250×350 pixels para usarmos nas columnas dos nosos blogs e así espallar na Rede a convocatoria. Para poñelo no teu blog só tes que copiar o seguinte código:
<a href="http://www.mineriagalicia.org/2013/05/16/contraminaccion-convoca-unha-grande-manifestacion-o-2-de-xuno-para-frear-a-minaria-salvaxe-promovida-pola-xunta/" title="Infórmate sobre a convocatoria contra a megaminaría, difunde e acude!"><img src="http://www.mineriagalicia.org/wp-content/uploads/2013/05/banner-manifestacion-20130602-contraMINAccion-Galiza-non-e-unha-mina-250x350.png" alt="GALIZA NON É UNHA MINA! Manifestación o 2 de xuño de 2013 en Santiago de Compostela, convocada por ContraMINAcción" </a>
Se o largo da túa columna é menor de 250 pixels, terás que especificar un largo mediante o parámetro WIDTH. P.ex.:
<a href="http://www.mineriagalicia.org/2013/05/16/contraminaccion-convoca-unha-grande-manifestacion-o-2-de-xuno-para-frear-a-minaria-salvaxe-promovida-pola-xunta/" title="Infórmate sobre a convocatoria contra a megaminaría, difunde e acude!"><img src="http://www.mineriagalicia.org/wp-content/uploads/2013/05/banner-manifestacion-20130602-contraMINAccion-Galiza-non-e-unha-mina-250x350.png" alt="GALIZA NON É UNHA MINA! Manifestación o 2 de xuño de 2013 en Santiago de Compostela, convocada por ContraMINAcción" WIDTH="200"></a>
Ademais dos colectivos que fan parte de ContraMINAcción, tamén apoian a manifestación:
-Rede GNSV
-FEG
FEG é Federación Ecoloxista Galega (aclaro).
E GNSV é Galiza Non Se Vende.
O evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/254978587977178/ Incríbete e difunde!
Apoian a manifestación:
FEG
GNSV
Galiza Nova
NÓS-UP
Partido da Terra
Espazo Ecosocialista galego
FEG
GNSV
Galiza Nova
NÓS-UP
Partido da Terra
Espazo Ecosocialista galego
SGHN
Anova Irmandade Nacionalista
Agrupaçom de Montanha Augas Limpas
Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen Petróleo
Associação Socio-Cultural O Iríbio
Comisión contra as Minas da Terra Chá
Contramínate, de Laxe
Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños
Plataforma pola Defensa do Galiñeiro
Plataforma Veciñal Corno do Monte
Salva la Selva
Santa Comba Viva
Sindicato Labrego Galego
SOS Groba
Verdegaia
FEG
Galiza Nova
NÓS-UP
Partido da Terra
Espazo Ecosocialista galego
SGHN
Anova Irmandade Nacionalista
Associaçom Cultural Revira de Pontevedra
CIG
A.C. Caldeirón de Malpica
Asociación Monte Pindo Parque Natural
Federación Rural Galega FRUGA
Centro social Mádia Leva!
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
Plataforma Oro No (Tapia de Casariego)
Centro Social Fuscalho (Baixo Minho)
Fur Alle Falle
Rural C
Pingback: 2 de Xuño: Contra a megaminaría contaminante | Calidonia Hibernia
Agrupaçom de Montanha Augas Limpas
Asociación Naturalista de Defensa Ambiental Ribeiras do Miño
Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen Petróleo
Associação Socio-Cultural O Iríbio
Comisión contra as Minas da Terra Chá
Contramínate, de Laxe
Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños
Plataforma pola Defensa do Galiñeiro
Plataforma Veciñal Corno do Monte
Salva la Selva
Santa Comba Viva
Sindicato Labrego Galego
SOS Groba
Verdegaia
FEG
Galiza Nova
NÓS-UP
Partido da Terra
Espazo Ecosocialista galego
SGHN
Anova Irmandade Nacionalista
Associaçom Cultural Revira de Pontevedra
CIG
A.C. Caldeirón de Malpica
Asociación Monte Pindo Parque Natural
Federación Rural Galega FRUGA
Centro social Mádia Leva!
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
Plataforma Oro No (Tapia de Casariego)
Centro Social Fuscalho (Baixo Minho)
Fur Alle Falle
Rural C
Espazo Agroecolóxico A Estruga (Viveiro-Lugo)
Fronte Cívica Somos Maioría da provincia de A Coruña
Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes “Verbo Xido”
A.C. Almuinha de Marim
C.S. Gomes Gaioso
Asociación Cultural FUCO BUXÁN
Asociación Cultural Fillos de Galicia
Frente Popular Galega
Grupo Ecoloxista ADENCO. Asociación para a Defensa da Natureza do Condado
Plataforma cidadá Proxecto Cárcere
Compromiso por Galicia
A.C. Almuinha de Marim
CNT de Betanzos
Noalamina Esquel, Arxentina
Asociación Veciñal de Esteiro-Ferrol
Agrupaçom de Montanha Augas Limpas
Asociación Naturalista de Defensa Ambiental Ribeiras do Miño
Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen Petróleo
Associação Socio-Cultural O Iríbio
Comisión contra as Minas da Terra Chá
Contramínate, de Laxe
Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños
Plataforma pola Defensa do Galiñeiro
Plataforma Veciñal Corno do Monte
Salva la Selva
Santa Comba Viva
Sindicato Labrego Galego
SOS Groba
Verdegaia
FEG
Galiza Nova
NÓS-UP
Partido da Terra
Espazo Ecosocialista galego
SGHN
Anova Irmandade Nacionalista
Associaçom Cultural Revira de Pontevedra
CIG
A.C. Caldeirón de Malpica
Asociación Monte Pindo Parque Natural
Federación Rural Galega FRUGA
Centro social Mádia Leva!
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
Plataforma Oro No (Tapia de Casariego)
Centro Social Fuscalho (Baixo Minho)
Fur Alle Falle
Rural C
Espazo Agroecolóxico A Estruga (Viveiro-Lugo)
Fronte Cívica Somos Maioría da provincia de A Coruña
Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes “Verbo Xido”
A.C. Almuinha de Marim
C.S. Gomes Gaioso
Asociación Cultural FUCO BUXÁN
Asociación Cultural Fillos de Galicia
Frente Popular Galega
Grupo Ecoloxista ADENCO. Asociación para a Defensa da Natureza do Condado
Plataforma cidadá Proxecto Cárcere
Compromiso por Galicia
A.C. Almuinha de Marim
CNT de Betanzos
Noalamina Esquel, Arxentina
Asociación Veciñal de Esteiro-Ferrol
APDR – Asociación Pola Defensa da Ría (Pontevedra)
Asociación Ecologista Arco Iris
Amigos da Terra
Radio Ucamara en Nauta, Loreto, Perú
Cooperativa Agricultura Ecoloxica Raínha Lupa (Quilmas)
Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo
ENTREPOBOS/ENTREPUEBLOS/ENTREPOBLES/HERRIARTE
Plataforma de Seguimiento de las Industrias Extractivas (PSIE)
Movimiento No a la Mina (Argentina) – Asamblea Buenos Aires No a la Mina
El Observatorio Latinoamericano de Conflictos Ambientales OLCA, Chile
Xuventude Comunista
Observatorio de Conflictos Mineros en América Latina OCMAL
Acción Ecológica de Ecuador
Defensa y Conservacion Ecológica de Intag, Ecuador
Asociación Jalisciense de Apoyo a los Grupos Indígenas, A.C. (AJAGI, A.C.) de Jalisco México
Agrupaçom Cultural O Facho
Colectivo Ecoloxista Luita Verde
AGE
Agrupaçom de Montanha Augas Limpas
Asociación Naturalista de Defensa Ambiental Ribeiras do Miño
Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen Petróleo
Associação Cerne da Terra
Associação Socio-Cultural O Iríbio
Comisión contra as Minas da Terra Chá
Contramínate, de Laxe
Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños
Plataforma pola Defensa do Galiñeiro
Plataforma Veciñal Corno do Monte
Salva la Selva
Santa Comba Viva
Sindicato Labrego Galego
SOS Groba
Verdegaia
Colectivos que apoian a manifestación:
Acción Ecológica de Ecuador
Agrupaçom Cultural O Facho
Alternativa Galega de Esquerda AGE
Anova Irmandade Nacionalista
A.C. Almuinha de Marim
A.C. Caldeirón de Malpica
Amigos da Terra
Asemblea pola defensa do medio rural
Asociación Cultural Fillos de Galicia
Asociación Cultural FUCO BUXÁN
Associaçom Cultural Revira de Pontevedra
Asociación Ecoloxista Arco Iris
Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes “Verbo Xido”
Asociación Jalisciense de Apoyo a los Grupos Indígenas, A.C. (AJAGI, A.C.) de Jalisco México
Asociación Monte Pindo Parque Natural
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA
APDR – Asociación Pola Defensa da Ría (Pontevedra)
Asociación Veciñal de Esteiro-Ferrol
BNG – Bloque Nacionalista Galego
Casa dos caracois
Centro social A Gentalha do Pichel
Centro Social Fuscalho (Baixo Minho)
C.S. Gomes Gaioso
Centro social Mádia Leva!
Colectivo Ecoloxista do Salnés
Colectivo Ecoloxista Luita Verde
Comisións obreiras CCOO
Compromiso por Galicia
Confederación Intersindical Galega CIG
CNT de Betanzos
CooperAcción, Perú
Cooperativa Agricultura Ecoloxica Raínha Lupa (Quilmas)
Defensa y Conservacion Ecológica de Intag, Ecuador
Departamento Justicia, Paz y Salvaguarda de la Creación – Obispado Copiapó – Chile
Ecologistas en Acción
El Observatorio Latinoamericano de Conflictos Ambientales OLCA, Chile
ENTREPOBOS/ENTREPUEBLOS/ENTREPOBLES/HERRIARTE
Equo
Espazo Agroecolóxico A Estruga (Viveiro-Lugo)
Espazo Ecosocialista galego
Esquerda anticapitalista galega
FEG – Federación Ecoloxista Galega
Federación Rural Galega FRUGA
Frente Aratarí, de Uruguai
Frente Cívico por la Vida de San Juan, Argentina
Fronte Cívica Somos Maioría da provincia de A Coruña
Fronte Popular Galega
Fundación Ecuménica para el Desarrollo y la Paz – FEDEPAZ (Lima, Perú)
Fur Alle Falle
Galiza Non Se Vende (GNSV)
Galiza Nova
Grupo Ecoloxista ADENCO. Asociación para a Defensa da Natureza do Condado
La Red Muqui, red nacional del Perú
Movimiento No a la Mina (Argentina)- Asamblea Buenos Aires No a la Mina
Noalamina Esquel, Arxentina
NÓS-UP
Observatorio de Conflictos Mineros en América Latina OCMAL (40 organizaciones)
Organizacion Ciudadana Ambiental de Salamanca OCAS, Choapa, Chile
Partido da Terra
Plataforma cidadá Proxecto Cárcere
Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo
Plataforma de Seguimiento de las Industrias Extractivas (PSIE)
Plataforma Oro No (Tapia de Casariego)
Radio Ucamara en Nauta, Loreto, Perú
Rural C
Sociedad Civil y Democracia
SGHN
Xuventude Comunista
Xuventudes Socialistas de Galicia
Pingback: - Praza de Ames
Pingback: 2 de junio: manifestación contra la minería en Galicia « Extractivas
Pingback: O concello de Compostela quere silenciar os milleiros de voces contra a minaría | ContraMINAcción
Pingback: As crebas » Galiza non é unha mina! Manifestación nacional contra a minaría salvaxe (Compostela, 2 de xuño, 12 h.)