Ofrecemos para escoitardes en diferido o programa que Radio Coruña (Cadena SER) emitiu este pasado domingo acerca da mina de Corcoesto (Cabana de Bergantiños). Entre os participantes no debate contaron con: Serafín González, da Sociedade Galega de Historia Natural e promotor da exitosa campaña de recollida de sinaturas en Change coñecida como #SalvemosGalicia; Xoán R. Doldán, da rede ContraMINAcción; Ramón Varela, da plataforma Salvemos Cabana e representantes sindicais. Ademais houbo numerosas intervencións telefónicas, entre elas as de varios alcaldes de concellos afectados.
[wpdm_file id=6]
[wpdm_file id=5]