Comunicado da Plataforma Corno do Monte

A Plataforma veciñal Corno do Monte, de Xinzo de Limia, que fai parte da Rede ContraMINAcción, publica no seu blogue un comunicado aclarando a súa postura, tras a confusa nova aparecida na TVG. Reproducimos a continuación dito comunicado:Corno do monte detalle web

Nas declaracións feitas polos membros da Plataforma Veciñal deixouse claro que:

– nas declaracións do Presidente da Xunta reflíctese o traballo feito polos veciños da Limia, e especial os dos oito pobos afectados directamente, en contra da mina Faramontaos 5089

– mentres non estea por escrito onde debe estar(en alusión a resolución negativa que debe emitir o Consello da Xunta e a súa posterior publicación nos boletíns oficiais), a veciñanza non considerará denegada a licenza

– así mesmo exiximos a eliminación da concesión mineira Faramontaos 5089, para non andar con estas leas cada 3 días.

– ademais débese cambia-lo actual plan sectorial de actividades extractivas, xa que a súa aprobación significaría a aprobación de calquera mina e en calquera lugar de Galicia, feito que nos ameaza continuamente a nós.

Vista a noticia emitida pola Televisión de Galicia, consideramos que non se axusta ao rigor e ética xornalística propia desta nobre profesión, tendo o agravante de que estamos a falar dun medio galego e dos galegos, que sostemos cos nosos impostos e do que agardamos o máximo rigor e IMPARCIALIDADE.

Todo isto débese a que a noticia deixa idea no espectador de que este problema xa está resolto (“Os agricultores deixaron as mobilizacións e contentos volveron ao campo”) cando esa non é a verdade, pois as declaracións do Presidente non deixan ser meras declaracións sen validez legal algunha.

Ante estes feitos queremos deixar claro que:

  1. As declaracións do Presidente da Xunta son o reflexo do traballo e esforzo feito pola veciñanza Limiá, en especial das aldeas afectadas.
  2. A LICENZA NON ESTARÁ DENEGADA ATA QUE SE CUMPRAN OS REQUISITOS LEGAIS, que agardamos que se tramiten coa máxima celeridade posible
  3. O proxecto mineiro de Minercer SL afecta a 1400 hectáreas, das cales 1200 son cultivadas tódolos anos.
  4. A AMEAZA MINEIRA NA LIMIA continuará mentres a Xunta non ELIMINE A CONCESIÓN MINEIRA.
  5. A veciñanza integrada toda na Plataforma Veciñal Corno do Monte, non cesará as mobilizacións ata que o Plan Sectorial Mineiro cambie e se resolva a problemática das minas xerada polos gobernantes.
  6. A Plataforma Veciñal Corno do Monte non cesará o seu continuo apoio a tódalas plataformas galegas integradas en Contraminacción.

Agardamos a rectificación da noticia para que sexa contada conforme aos canons da ética xornalística.

Preme para ver a nova

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.