Debate na Praza: megaminaría

debatenapraza_junho2013vf

 

Mañá mércores, día 26, no Espazo Cultural da Nave de Vidán, terá lugar un debate, organizado polo xornal dixital Praza Pública, no que participarán varias persoas da nosa rede.

A idea central do debate é o propio lema da nosa manifestación: “Galiza non é unha mina”. Falaremos da situación actual da minaría en Galiza, dos proxectos que se pretenden levar a cabo de xeito máis inmediato, das incidencias dos mesmos, e das posibles alternativas.

O debate dará comezo ás 20:30. Participarán Xoan Doldán, de Véspera de Nada; Paco García Trigo, da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños; Nela Abella, de Verdegaia; Lola Torrano, de Contramínate-Laxe, e Margarida Prieto, do SLG.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.