Novo informe sobre o arsénico na zona de Corcoesto

http://www.flickr.com/photos/miguelnavaza/3189068875/sizes/m/in/photostream/Río Anllóns, ao seu paso por Ponteceso. Imaxe de Miguel Navaza

Un informe sobre mobilización do arsénico elaborado por varios científicos das Universidades de Santiago e Vigo para a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños pon en cuestión a clasificación dos estériles de mina como “non inertes, non perigosos”.

O informe indica que a metodoloxía utilizada para valorar a mobilización do arsénico non é unha metodoloxía de referencia na UE, e que tende a infravalorar os resultados. Por iso recomenda a realización de novos ensaios de lixiviación más exhaustivos, que permitan estimar dun xeito máis rigoroso o comportamento de liberación a longo prazo.

Segundo o estudo, a mobilización de arsénico,podería traer consigo graves efectos sobre o medioambiente e mesmo sobre a saúde das persoas, se non se adoptan as medidas oportunas. A presenza previa de arsénico nas augas da zona, lonxe de xustificar a liberación de cantidades aínda maiores co novo proxecto, supón un agravante, por entrañar un grave risco para os ecosistemas e para as persoas.

Alerta moi especialmente a aquelas poboacións nas que, como Ponteceso, se está tomando a auga para o consumo humano do río Anllóns.

Recomenda, así mesmo, a realización de estudios epidemiolóxicos de efectos relacionados coa exposición a arsénico na zona.

Os autores do informe, realizado de xeito totalmente desinteresado para a Plataforma, son os seguintes:

  • Dr. David A. Rubinos. Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola. Facultade de Farmacia. Universidade de Santiago de Compostela
  • Dr. Rosa Devesa-Rey. Centro Universitario de la Defensa. Escuela Naval Militar de Marín. Universidade de Vigo
  • Dr. Francisco Díaz-Fierros. Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola. Facultade de Farmacia. Universidade de Santiago de Compostela
  • Dr. María Teresa Barral. Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola. Facultade de Farmacia. Universidade de Santiago de Compostela

Para acceder ao informe completo, pincha aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.