O sábado, día 8 de novembro, celebraranse en Lugo os II Encontros sobre os impactos da minaría, organizados por ContraMINAcción
O lugar de celebración será o Centro Social Madialeva, sito na rúa de Ancares, número 18.
Nos Encontros, que terán lugar en xornada de mañá e tarde, contaremos coa presenza de un fato de poñentes, que falarán sobre diversos temas relacionadas coa minaría: impactos na agricultura e no patrimonio, megaminaría e saúde, consecuencias da actual lexislación mineira, e posibles alternativas.
Cara o mediodía haberá unha pausa para comer no propio Centro Social. As persoas interesadas en asistir a estes Encontros deberán anotarse nesta ligazón. Se ademais queredes comer connosco, deberedes especificalo na mesma.
Póñome en contacto convosco para cancelar a miña inscripción no encontro do día 8. xurdiume un compromiso de traballo e non poderei asistir. Espero que con este aviso non cubra a praza doutra persoa interesada. disculpade as molestias
María Barba