Solidarizámonos coas mulleres peruanas atacadas pola policía en presenza do persoal da mineira multinacional Glencore

Pretenden desaloxalas. Así son na actualidade os métodos de achegamento ás comunidades dunha das multinacionais mineiras ás que estivo vencellado o directivo do proxecto Touro: o caso de Glencore Antapaccay no Perú preocúpanos hoxe especialmente e solidarizámonos coas mulleres agredidas pola policía peruana no contexto de operacións da mineira.

Segundo xornalistas e organismos de dereitos humanos de Perú, o martes 3 de abril, un continxente policial presentouse na comunidade campesiña de Alto Huarca en Espinar, Cusco. Viñan acompañados de oito empregados da mineira Glencore Antapaccay e de maquinaria pesada.

O seu obxectivo: desaloxar as familias da zona a fin de utilizar os seus terreos para aa construción dunha vía para uso da empresa. Segundo a denuncia publicada por Derechos Humanos Sin Fronteras, as nais de familia e avoas enfrontáronse á policía para defender as súas vivendas, e os efectivos empurráronas sen ningún reparo,  patearon nelas e insultáronas.

Arredor de dez persoas da comunidade campesiña terían recibido golpes e ameazas de membros da Policía Nacional del Perú e dos funcionarios de Glencore Antapaccay. Polo menos tres persoas resultaron gravemente feridas: Rocío Huaquira, María Huaquira e Eufrosina Umasi.

O proxecto mineiro Antapaccaym da empresa suíza Glencore, extrae concentrado de cobre no Perú, e actualmente encóntrase en fase expansión dunha das súas seccións. Por iso está a construír novas vías internas para a circulación dos seus vehículos. Non é a primeira vez que a poboación denuncia abusos.

Nesta ocasión, as vítimas declararon que o persoal da empresa díxolles que poden vender os seus terreos a un prezo de douscentos dólares, pero se non aceptan o pago farase ao Estado e elas non recibirán nada.

Esta grave denuncia esixe un pronunciamento inmediato das autoridades, en especial neste momento no que da comezo un novo Goberno no Perú. O novo ministro do Interior, Mauro Medina, debe responder oportunamente, investigar o sucedido e sancionar os responsables, e garantir que nunca máis se atente deste xeito contra os dereitos humanos.

Glencore Antapaccay emitiu con posterioridade aos feitos un pronunciamento que non reflicte ningún tipo de autocrítica, nin mea culpa.

Sorprendentemente, Glencore Antapaccay ten un convenio vixente ca Policía Nacional do Perú, firmado en diciembre do ano pasado (2017), que permite “a prestación de servizos policiais extraordinarios” a favor da empresa.

¿Será este o tipo de servizos “extraordinarios” incluído no convenio?

¿Que ten isto que ver con Galiza?

O movemento antimineiro de Galiza é solidario pola súa propia natureza. ContraMINAcción é un grupo de organizacións e grupos comunitarios que se organizaron a raíz de verse afectadas por un problema común: a proliferación dos proxectos mineiros baixo o signo da Xunta de Galicia que apostou por vender o noso medio ao mellor postor baixo a idea de converter Galiza nun “país mineiro”.

O que non queremos para nós, non o queremos para comunidades de países irmáns. Por iso, ContraMINAcción solidarízase hoxe coas comunidades campesiñas de Espinar en Perú, moi especialmente cas mulleres golpeadas o 3 de marzo pola policía no nome do “progreso” mineiro.

Pero ademais, vemos reflectida a nosa situación coa de comunidades como as de Espinar, que xa contan dende fai máis de tres décadas con proxectos mineiros destrutivos, sen que as condicións de vida mellorasen. Máis ben todo o contrario, e as aguas foron contaminadas, as enfermidades aumentaron e a pobreza continuou tal como estaba.

A persoa á fronte do proxecto mineiro de Touro-O Pino, Sr. Alberto Lavandeira, puxo en marcha outra mina de cobre, no seu caso na RD Congo, precisamente para a mesma mineira Glencore, onde lle puxo en marcha o proxecto mineiro Mutanda. Nese país atribúenlle á empresa, ademais de violacións de dereitos humanos, contaminación, evasión de impostos e corrupción.

Xa en España, e segundo testemuños que recibiu ContraMINAcción, veciños de Salave en Asturias, recibiron no seu día o mesmo tipo de ultimátums con respecto a posibles expropiacións dos seus terreos afectados pola mina nesa rexión.

Non é a primeira vez que se cometen violacións graves de dereitos humanos. Ver:

Xstrata encara juicio por presunto abuso a derechos humanos en contra de pobladores.

Glencore Antapaccay no EJOLT Atlas de conflitos socioambientais.

Coñécense tamén conflitos laborais coa empresa.

Máis sobre Glencore no Perú na sua propia páxina web: o que din de si mesmos non coincide co que denuncian as comunidades.

Á empresa pola súa parte non lle vai mal.

Glencore Xstrata aumentou a produción de cobre impulsada por Antapaccay de Perú.

Un comentario en “Solidarizámonos coas mulleres peruanas atacadas pola policía en presenza do persoal da mineira multinacional Glencore

  1. Pingback: A vida non vale un cobre | ContraMINAcción

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.