O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico embárcase nun plan sobre ‘xestión sustentable de materias primas minerais’ cara a unha economía climaticamente neutra en 2050 pero que pretende conseguir, esixindo e aumentando o consumo destas
Pechar os ollos e acelerar, é a solución ao cataclismo ao que nos empurra o Goberno. Nesta viaxe na que a cidadanía vai de paquete, na parte de atrás, vese arrastrada cara a un destino no que non foi realmente partícipe.
“Agárrate que imos.”
Esta é a premisa de quen conduce e dirixe. Así o asume o MITECO ao lanzar unha consulta cidadá cuxas nove preguntas se formulan dun modo convido, en positivo, para recibir respostas no mesmo sentido. Condutismo orientado a provocar unha reacción causal.
A sociedade, porén, responde de forma diferente ás pretensións de quen gobernan ao servizo de modelos de económicos baseados no uso de combustibles fósiles ou agora de materias primas finitas, con métodos cuxos custos medioambientais están demostrando ser tanto ou máis prexudiciais. Para extraer os minerais utilízase maquinaria e métodos que emiten o 23% do CO2 do planeta.
Conscientes disto, as persoas e colectivos asinantes pretenden dar unha resposta que se sume á de expertos e científicos que lanzan unha voz de alarma que constantemente é silenciada.
As plataformas antiminaría avogamos por non repetir os mesmos erros do pasado que nos trouxeron ao presente no que nos encontramos, onde é urxente reducir as emisións de CO2 no ámbito global e manifestar que xa non hai marxe para experimentar outras fórmulas con caducidade sinalada.
Utilizar unha e outra vez recursos finitos, materias primas difíciles de extraer a un custo social e medioambiental tan alto, converte por definición a folla de ruta, xusto no o contrario do que pretende: “algo” nada sustentable e unha economía unidireccional en vez de circular e extinguindo a vexetación que tería que realizar a función necesaria de sumidoiros de carbono para reverter o cambio climático. No escrito que a rede de Plataformas “Non Minas Península Ibérica” remite ao MITECO, apélase ao rumbo trazado polo Ministerio e responde a todas as cuestións formuladas alegando a través de decenas de estudos e informes técnicos que cuestionan, de forma precisa e ben xustificada, o modelo que pretenden instaurar.
As Plataformas, secundadas por miles de persoas en toda a península, pretenden ser escoitadas e empezar a formar parte dunha nova cidadanía activa e soberana que ve con temor as consecuencias e as ameazas que suporía levar a cabo unha folla de ruta de extracción de materias primas minerais sen as debidas garantías legais e medioambientais, nun marco de escaseza de precipitacións e contemplando a presión que exercen as empresas transnacionais que buscan o beneficio económico exclusivamente.
Facemos dúas invitacións neste comunicado
Realizamos desde aquí dúas invitacións, a primeira á cidadanía a participar e remitir este documento ou similar ao MITECO, opinar e achegar vainos axudar a conseguir o futuro sustentable que desexamos para as nosas fillas e fillos e para as futuras xeracións.
E a segunda invitación está dirixida á Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, queremos falar con ela, queremos que nos emprace, ser escoitados, e gustaríanos formar parte esencial desta “folla de ruta”. A cidadanía ten que decidir o seu futuro, o das súas familias e o do patrimonio cultural e natural que lle pertence, porque cremos que está nun serio perigo. O pobo debe decidir o seu futuro e o da súa terra!
Estáis matando Galicia!!! BASTA YA!!!