I ENCONTRO
O 16/02/2013 celebrouse en Teo o I Encontro galego sobre o impacto da minería do que nacería, dous meses máis tarde, a rede ContraMINAcción. Este blog fora daquela o punto de referencia na Internet sobre o evento, e co nacemento da rede ContraMINAcción ampliou os seus contidos e función para difundir toda a información sobre as loitas contra a minaría destrutiva no noso país e ser o web oficial desta rede de colectivos.
Velaquí as páxinas que daquela informaron sobre aquel encontro:
II ENCONTRO
O 8 de novembro de 2014 tivo lugar no Centro Social Madialeva (Lugo) o II Encontro galego sobre o impacto da minaría.
Neste segundo Encontro, que dalgunha maneira supón a consolidación desta Rede de colectivos nacida hai algo máis dun ano, abordáronse temas como Minaría e patrimonio, Minaría e agricultura, Activismo e organización a distintos niveis, Impactos da minaría de ouro, Minaría e lexislación, e Alternativas ao modelo extractivo.
Este é o cartaz que serviu para divulgar o II Encontro:
Algúns dos contidos expostos no II Encontro:
- Alternativas ao extractivismo, por Xoán Doldán.
- Galiza non é unha mina II. Intervención de Isabel Vilalba.
- II Encontro galego da minaría. Intervención de Marga Prieto.
- O panorama mineiro nacional e internacional, e a loita contra a minaría. Intervención de Guadalupe Rodríguez, de Salva la Selva
- A loita contra a megaminaría. Intervención de Paco Rodríguez
Grazas pola vosa participación!
III ENCONTRO
O III Encontro galego sobre o impacto da minaría tivo lugar no Centro Socio-cultural de Vite, en Santiago de Compostela, o día 4 de marzo de 2017.
Se o II Encontro serviu para poñer sobre a mesa os distintos conflitos mineiros de Galiza, no III fíxose fincapé nas redes internacionais que loitan contra esta ameaza. No encontro participaron poñentes de diferentes países do mundo, pertencentes a colectivos que en distintos lugares se opoñen ás desfeitas que veñen da man de proxectos irracionais. A Rede internacional Yes to Life, No to Mining, na que ContraMINAcción está integrada, fixo posible a presenza desa diversidade de persoas.
Ademais, aproveitamos para conmemorar a figura de Berta Cáceres, asasinada un ano antes do Encontro por opoñerse a un megaproxecto hidráulico que ameazaba o seu territorio.
Aquí podes descargar algunhas das intervencións deste III Encontro:
Pingback: Véspera de Nada en apoio de Marcos Celeiro e en contra da minaría destrutiva | Véspera de Nada
Good day,
My name is Zoe Williams and I write for Investment Arbitration Reporter, an online news service that covers investment disputes.
I reported on the Corcoesto case when it was first reported that they had threatened Spain with an arbitration, but have subsequently not been able to find out more information about the case. I’m writing to ask if anyone in your organization has knowledge of the current status of this dispute. I would be grateful for any information you could share, as I think this is quite an important case.
I’m happy to correspond in Spanish as well.
Best regards,
Zoe